O Concello de Monforte activou a súa sede electrónica

•Xa se poden tramitar por internet os documentos que antes había que entregar presencialmente no Rexistro •A operatividade deste servizo irase completando pouco a pouco

A tenente de alcalde do Concello de Monforte, Gloria Prada, explicou o funcionamento da sede electrónica municipal. GPCM
A tenente de alcalde do Concello de Monforte, Gloria Prada, explicou o funcionamento da sede electrónica municipal. GPCM
• Dende o 20 de febreiro, xa está operativa a sede electrónica do Concello de Monforte. Segundo explicou a tenente de alcalde, Gloria Prada, esta ferramenta permite aos cidadáns realizar calquer tipo de trámite co Concello dende a súa casa e a través de internet.
EN CUMPLIMENTO DA NOVA LEI ESTATAL SOBRE ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA
Prada lembrou que “aínda queda por diante un traballo enorme para conseguir o 100% da operatividade” deste servizo, posto en marcha para dar cumplimento á lei que regula as relacións entre as administracións públicas e os cidadáns. O obxectivo desta lei é implantar unha administración completamente electrónica e interconectada.
CONSULTA DE ACCESO LIBRE E FACTURA ELECTRÓNICA
Gloria Prada explicou os detalles de funcionamento da sede electrónica municipal. Así, a sede conta cunha zona de acceso libre, na que se pode atopar información sobre a normativa de funcionamento desta ferramenta de xestión, o perfil do contratante e a factura electrónica.
ESPAZOS CON CERTIFICACIÓN ELECTRÓNICA
Outro dos espazos que se atopan na sede electrónica municipal permite acceder, mediante unha certificación electrónica, aos datos personalizados sobre padrón, taxas ou impostos, e tamén dá a opción de conseguir duplicados ou recibos destes documentos.
Por último, a sede electrónica vai dispoñer dun espazo para a tramitación de documentos e xestións, que se prevé sexa a que rexistre un maior uso telemático.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Entroido doce en Bóveda co VI Concurso de Postres

Seguinte Nova

O Museo do Ferrocarril de Galicia, referente en España na conservación do patrimonio industrial ferroviario

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

Xornada de Convivencia

Esta semana tivo lugar unha xornada de convivencia que reuniu ás familias acolledoras do programa Vacacións

A %d blogueros les gusta esto: