Esta actividade, que se desenvolverá do 1 ao 12 de xullo, vai dirixida á mocidade de 18 a 30 anos de todos os países
• Entre os días 1 e 12 de xullo, terá lugar o Xeocampo de Traballo Ruta da Encomenda, organizado polo Concello de Quiroga en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia.
ACTIVIDADE PARA MOZOS E MOZAS DE TODO O MUNDO ENTRE 18 E 30 ANOS
Esta iniciativa, que vai dirixida a mozos e mozas de todos os países, con idades comprendidas entre os 18 e os 30 anos, forma parte do impulso que o Concello de Quiroga quere dar á promoción e aproveitamento sostible dos recursos naturais da zona, tendo en conta o Proxecto do Xeoparque Montañas do Courel, no que participan os municipios de Quiroga, Ribas de Sil e Folgoso do Courel.
Dende o Concello de Quiroga destacaron a Ruta da Encomenda como un dos trazados de sendeirismo máis emblemáticos da contorna, que ademais aproveita a súa coincidencia cun bo tramo do Camiño de Inverno a Compostela. Esta ruta, a máis antiga do municipio, conta cun trazado completo de 11 quilómetros. Dous dos puntos de interese da ruta, o Castelo dos Novaes e o Camiño de Inverno, xa contaron con cadanseu campo de traballo nos últimos anos.
Segundo explicaron dende o Concello, o Xeocampo incluirá a limpeza, acondicionamento, sinalización e dinamización da ruta. Ademais, crearase unha páxina web e unha ruta virtual con códigos QR xeolocalizados. Tamén se procederá á limpeza e instalación dunha varanda de madeira na Ponte do Rego de Castelo, preto do Castelo de Novaes. Os participantes visitarán os puntos de interese cultural do Proxecto Xeoparque Montañas do Courel.•