O Courel promocionarase como espazo imán para atraer visitantes á comarca de Quiroga

•Deste xeito, o Courel sumarase ao Plan de Promoción do Patrimonio Natural, ao que xa pertence o espazo Ribeira Sacra-Canóns do Sil

O delegado da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, e a directora xeral de Patrimonio Natural, Ana María Díaz, na presentación do Plan de Promoción do Patrimonio Natural. GPXG
O delegado da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, e a directora xeral de Patrimonio Natural, Ana María Díaz, na presentación do Plan de Promoción do Patrimonio Natural. GPXG
• O Courel promocionarase como un dos espazos-imán de Galicia dentro do Plan de Promoción do Patrimonio Natural. Esta iniciativa da Xunta de Galicia, que inclúe un total de 17 enclaves de toda a Comunidade, ten como obxectivo transformar estes espazos naturais nun atractivo para impulsar e dinamizar o patrimonio natural da súa contorna máis próxima.
LUGO CONTARÁ CON 5 ESPAZOS-IMÁN, ADEMAIS DO DA RIBEIRA SACRA, COMPARTIDO CON OURENSE
Segundo explicou a directora xeral de Patrimonio Natural, Ana María Díaz, os espazos imán defínense como zonas destacadas polo seu alto valor patrimonial  e por ser os enclaves naturais máis coñecidos e recoñecidos tanto polos galegos como polas persoas que visitan Galicia. Neste sentido, a provincia de Lugo vai ter 5 espazos-imán, unha vez que se engada O Courel aos Ancares Lucenses, Montes de Navia, Cervantes e Becerreá, e o Monumento Natural Praia das Catedrais, ademais de compartir con Ourense o espazo Ribeira Sacra-Canóns do Sil.
“EFECTO IMÁN” PARA LEVAR AOS VISITANTES NUN RADIO DE 30 E 50 QUILÓMETROS ARREDOR DO ENCLAVE
Díaz, que estivo acompañada polo delegado da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, destacou as características deste Plan. A directora xeral precisou que os espazos-imán ofrecen aos visitantes “a oportunidade de vivir unha experiencia turística desde o punto de vista sostible”, combinando a observación da natureza co deporte activo, a historia e o patrimonio material e inmaterial. Todo isto, no propio espazo-imán pero tamén na súa contorna, nunha área comprendida entre os 30 e 50 quilómetros arredor do enclave natural. O Plan trata de “aproveitar as sinerxias” para levar aos visitantes destes puntos ás vilas e pobos de arredor, explicou Díaz.
PRETO DE 30 DE ACTUACIÓNS NOS PRÓXIMOS 4 ANOS
A directora xeral explicou que o Plan durará 4 anos, ao longo dos cales vanse desenvolver 29 actuacións, con 4 millóns de euros. Díaz precisou que o Plan ten 3 eixos, que inclúen a posta en valor do patrimonio natural, a promoción en feiras e con paquetes turísticos, e a educación ambiental e divulgación dos recursos naturais de Galicia.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O Museo do Ferrocarril de Galicia, referente en España na conservación do patrimonio industrial ferroviario

Seguinte Nova

O Concello de Quiroga organiza o Xeocampo de Traballo Ruta da Encomenda

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

Ir aInicio

Don't Miss