O deseño do monfortino José Carlos Quiroga Losada ilustrará o cartel da XXXVII Feira do Viño de Amandi

O xurado estivo composto polos creadores Humberto Loureiro Argullos, Doa Ocampo Álvarez e Alejandro José Ciurluini. GPCS
O xurado estivo composto polos creadores Humberto Loureiro Argullos, Doa Ocampo Álvarez e Alejandro José Ciurluini. GPCS

• A XXXVII Feira do Viño de Amandi promocionarase cun deseño monfortino. O traballo realizado por José Carlos Quiroga Losada, veciño da parroquia de Gullade, foi o gañador do concurso de carteis que convoca anualmente o Concello de Sober co gallo desta celebración.
O xurado, composto polos creadores Humberto Loureiro, Doa Ocampo e Alejandro Ciurluini, escolleu por unanimidade o deseño de Quiroga Losada dun total de 38 traballos presentados a concurso, procedentes de varios puntos de España. A decisión do xurado incluíu a mención como accesits finalistas aos carteis da soberina Ana Santiso Vilar, veciña de Sistín do Mato, na parroquia de Canaval, e de Edith Nieves Sánchez, veciña da parroquia da Estación na Pobra do Brollón.
O gañador recibirá un premio en metálico de 600 euros, e os autores recoñecidos con accesit terán un premio de 100 euros e diploma, ademais de ser destacados na exposición do conxunto dos traballos.
O cartel gañador presentarase oficialmente o vindeiro 4 de marzo en Doade.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Aprobadas novas melloras na estrada de Sober a Doade

Seguinte Nova

Os alcaldes de Sarria e Monforte, na Asamblea do 25º aniversario do Eixo Atlántico

Últimas noticias sobre CULTURA

Ir aInicio

Don't Miss