O Museo do Ferrocarril de Galicia, referente en España na conservación do patrimonio industrial ferroviario

•O presidente da Deputación de Cuenca visitou este mes as instalacións de Monforte •O Museo xa foi visitado con anterioridade por representantes de organismos e colectivos de Cataluña, País Vasco ou Baleares, entre outros

De esquerda a dereita, as enxeñeiras Mari Cruz Sánchez e Cristina Beleña: o presidente da Deputación de Cuenca, Benjamín Prieto; e o guía do Museo do Ferrocarril de Monforte, Arturo G.Antón. (Foto: MUFERGA).
De esquerda a dereita, as enxeñeiras Mari Cruz Sánchez e Cristina Beleña: o presidente da Deputación de Cuenca, Benjamín Prieto; e o guía do Museo do Ferrocarril de Monforte, Arturo G.Antón. (Foto: MUFERGA).
• O Museo do Ferrocarril de Galicia, con sede en Monforte de Lemos, continúa a recibir diversas visitas institucionais, interesadas na xestión e conservación do patrimonio industrial ferroviario. A sede monfortina pasa por ser, segundo os responsables do Museo do Ferrocarril de Galicia, un referente en España na labor de conservación e posta en valor deste importante patrimonio, que resume a implantación e a trascendencia para os territorios dunha das innovacións tecnolóxicas máis importantes do mundo moderno.
O MUSEO DE MONFORTE, MODELO A SEGUIR POR TODAS AS COMUNIDADES
Para coñecer estas instalacións, o presidente da Deputación de Cuenca, Benjamín Prieto, achegouse a Monforte a mediados de febreiro. Na súa visita, Prieto valorou os traballos de recuperación dos edificios do antigo depósito de tracción vapor, e da nave que acolle o taller de mecanizado. Segundo explicaron os responsables do Museo, Benjamín Prieto destacou sobre todo a “maxestuosa” rotonda, unha das pezas máis salientables do patrimonio industrial europeo. Así mesmo, o presidente da Deputación de Cuenca gabou o perfecto estado de conservación e mantemento da locomotora de vapor “Mikado”, un dos elementos históricos máis representativos do Museo do Ferrocarril de Galicia.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O Concello de Monforte activou a súa sede electrónica

Seguinte Nova

O Courel promocionarase como espazo imán para atraer visitantes á comarca de Quiroga

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: