•Durante o mes de marzo, a Casa da Cultura reúne unha mostra dos carteis anunciadores da Feira dende a primeira edición
• O viño forma parte da natureza e do carácter das terras e das xentes de Chantada, e tamén da historia gráfica do seu emblema máis significativo, a Feira do Viño. Este evento enolóxico cumpliu este mes 35 anos, un bo momento para botar unha ollada á evolución da imaxinería gráfica coa que se promocionou esta Feira ao longo do tempo.
Ata finais de marzo, a Casa da Cultura de Chantada acolle unha exposición cos 35 carteis da Feira do Viño, boa parte deles cedidos polo doutor Jorge Fernández.
O carácter cartográfico dos tres primeiros deseños diversifícase a partir da cuarta edición, cando se inicia unha tendencia máis figurativa, con predominio da diversa utilería doméstica asociada ao viño. Esta liña alternarase co recurso paisaxístico, aproveitando a beleza da ribeira, e coa homenaxe ao traballo das xentes, protagonistas da viticultura heroica.•