55 mozos iniciaron este mes os cursos do LugoWork

•Arrancaron os primeiros catro cursos, en Lugo e Viveiro, para menores de 30 anos en paro

O presidente da Deputación, Darío Campos, e a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, no encontro dos alumnos do primeiro curso iniciado no LugoWork, o 6 de marzo. GPDL
O presidente da Deputación, Darío Campos, e a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, no encontro dos alumnos do primeiro curso iniciado no LugoWork, o 6 de marzo. GPDL
• A comezos de marzo, iniciáronse os primeiros cursos do programa provincial LugoWork, unha iniciativa da Deputación de Lugo que ofrece a 105 mozos e mozas lucenses, menores de 30 anos e que estean en paro, formación en sectores con demanda laboral na nosa provincia. Ademais, os beneficiarios do LugoWork terán a posibilidade de optar a un contrato de traballo en empresas lucenses, durante 6 meses.
RESTAURACIÓN, INFORMÁTICA, VENDAS E SECTOR FORESTAL, OS CURSOS COS QUE SE INICIA O LUGOWORK
Os primeiros cursos do LugoWork puxéronse en marcha en Lugo e Viveiro, cun total de 55 participantes, que recibirán formación en diversas áreas.
Na capital provincial, 15 mozos e mozas lucenses empezaron o curso de auxiliar de ventas online e offline e atención ao público, e outros 12 iniciaron o de cociña e servizo de restauración, na sede da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería de Lugo. A cidade da Muralla tamén acolle outra acción formativa para auxiliar de xestión informática e internet para PEMES, na que participan 16 alumnos.
Pola súa banda, en Viveiro estase a desenvolver o curso de utilización eficiente e uso de maquinaria para o aproveitamento forestal, con 12 alumnos.
A DEPUTACIÓN FINANCIA OS GASTOS LABORAIS DE CADA ALUMNO CONTRATADO POLAS EMPRESAS DO PROGRAMA
Os cursos teñen unha duración de 8 semanas, cunha carga lectiva de entre 200 e 350 horas, que se imparten en horario de mañá, agás o curso de Viveiro, que ten horario de tarde.
Unha vez rematada esta fase formativa, os alumnos que teñan superado o curso con éxito contarán coa posibilidade de seren contratados en empresas da provincia, que foron previamente seleccionadas nun proceso público. A duración dos contratos será de 6 meses. A Deputación custeará con 5.000 euros por traballador os gastos laborais de cada contrato.
FORMACIÓN ESPECÍFICA EN SECTORES CON DEMANDA LABORAL NA NOSA PROVINCIA
Segundo explicou o presidente da Deputación, Darío Campos Conde, na visita que realizou en Lugo aos participantes do curso de vendas e atención ao público, as accións formativas do LugoWork axústanse ás necesidades reais das empresas da nosa provincia. Para detectar estas demandas, o Executivo provincial mantivo previamente cerca dunha ducia de encontros cos representantes dos principais sectores produtivos lucenses, e tamén con case 600 entidades locais.
OUTRA LIÑA DO LUGOWORK OFRECE FORMACIÓN E AXUDAS DE 3.000 EUROS A MOZOS EMPRENDEDORES
Para este ano, o presidente da Deputación explicou que os cursos do LugoWork terán continuidade, con máis accións formativas que incorporan a posibilidade de contrato en empresas.
Ademais destes cursos, Campos Conde anunciou a posta en marcha da liña do LugoWork para fomentar o emprendemento xuvenil. O mandatario provincial explicou que esta liña do programa  inclúe formación e axudas de 3.000 euros por beneficiario, destinadas a mozos lucenses en paro que queiran poñer en marcha os seus propios negocios.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

As Administracións buscan fórmulas para impulsar os 4 xeodestinos lucenses

Seguinte Nova

Comezan as primeiras obras de mellora na Rede Museística provincial

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: