A Xunta comprométese en Bóveda a seguir mellorando as infraestruturas deportivas de Galicia

•A secretaria xeral para o Deporte supervisou en Bóveda o resultado das melloras realizadas no campo de tiro olímpico

Nas imaxes, a secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez, na súa visita ao campo de tiro olímpico de Bóveda, acompañada, entre outros, polo alcalde de Bóveda, José Manuel Arias. GPXG.
Nas imaxes, a secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez, na súa visita ao campo de tiro olímpico de Bóveda, acompañada, entre outros, polo alcalde de Bóveda, José Manuel Arias. GPXG.

• A comezos de marzo, a secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez, achegouse ao municipio de Bóveda para supervisar as melloras realizadas nas infraestruturas deportivas. A responsable autonómica, que estivo acompañada polo alcalde de Bóveda, José Manuel Arias, comprobou o estado do campo de tiro olímpico logo da construción da cuberta de tiradores. Míguez lembrou que esta actuación foi subvencionada integramente pola Xunta, con 28.138 euros.
Na súa visita ao sur de Lugo, Míguez transmitiu aos alcaldes de Bóveda e O Saviñao o compromiso da Xunta de seguir mellorando as infraestruturas deportivas “para o beneficio de todos os cidadáns”. No Saviñao, anunciou a inmediata sinatura dun convenio co concello para realizar melloras nas pistas de tenis e patinaxe do Campo da Lama, para as que a Xunta aportará 15.000 euros.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O primeiro viño galego vegano é de Chantada

Seguinte Nova

As Administracións buscan fórmulas para impulsar os 4 xeodestinos lucenses

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

Ir aInicio

Don't Miss