Ata o 31 de marzo para presentar candidaturas aos premios do Deporte de Monforte

•Premiaranse aos deportistas, promesas, adestradores, clubes e árbitros máis destacados do 2016

Imaxe de arquivo dos premiados na pasada edición dos Premios do Deporte de Monforte. Arquivo EC
Imaxe de arquivo dos premiados na pasada edición dos Premios do Deporte de Monforte. Arquivo EC
• Ata ás 14 horas do 31 de marzo está aberto o prazo para presentar as candidaturas que competirán nos premios aos mellores deportistas de Monforte do 2016, que convoca a delegación de Deportes do Concello de Monforte de Lemos.
SÓ UN GAÑADOR POR CATEGORÍA
As bases do concurso recoñecen seis categorías, e as propostas poden presentalas tanto os clubes e entidades deportivas como deportistas individuais e persoas relacionadas coa actividade física e o deporte no municipio.
Os premios recoñecerán ao mellor deportista, e ao mellor deportista promesa, tanto masculino como femnino. Tamén se recoñecerá a traxectoria en 2016 do mellor adestrador, e do mellor árbitro ou xuíz. A nivel colectivo, premiarase ao club ou entidade deportiva máis distinguido en canto á promoción do deporte en 2016. Por último, as bases do concurso recoñecen un premio á deportividade e o xogo limpo.
Os premios entregaranse nunha nova edición da Gala do Deporte Monfortino, da que aínda non está fixada a data de celebración.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Máis dun milleiro de persoas reuníronse en Taboada no Campionato Galego de Piragüismo

Seguinte Nova

O 30 de abril celebrarase a VIII Carreira Popular de Chantada

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

   
A %d blogueros les gusta esto: