•Dende mediados de 1982, ano en que colleu as rendas da sociedade a actual Xunta Directiva, programáronse máis de 400 eventos culturais e de dinamización social
• Na última Asamblea anual do Círculo Saviñao, celebrada o pasado 26 de febreiro, a Xunta Directiva presentou un balance positivo, tanto no aspecto económico como na dinamización sociocultural.
ARTE E MÚSICA, PROTAGONISTAS NO CÍRCULO EN 2016
Así, ao longo do ano 2016, o Círculo Cultural Recreativo Saviñao organizou un total de 36 actividades, con especial protagonismo das exposicións pictóricas e fotográficas, con media ducia de eventos, ademais dunha decena de actuacións musicais. No intenso calendario de actividades do Círculo Saviñao houbo tamén espazo para presentacións de libros e un audiovisual, representacións teatrais, os bailes de Entroido e Fin de Ano, e a asistencia á XXII Romaría da Federación Galega de Círculos e Casinos.

SUPERÁVIT DE 12.000 EUROS O ANO PASADO
O balance tamén foi positivo nas contas, que rexistraron un superavit de 12.000 euros. Segundo informaron dende a Xunta Directiva, a liquidación de 2016 presentada á Asamblea anual, ofrece uns ingresos de 39.284,03 euros, e un gastos de 27.233,53.
A Asamblea do Círculo Saviñao, sociedade que actualmente conta con 168 socios, aprobou o orzamento para o ano en curso, que ascende a 38.400 euros.

REFERENTE NA DINAMIZACIÓN SOCIOCULTURAL NO SUR DE LUGO
A Asamblea anual celebrada a finais de febreiro serviu tamén para facer balance da traxectoria de xestión da actual Xunta Directiva do Círculo Saviñao. Dende que o equipo actual, con algunhas variacións, tomara as rendas da sociedade recreativa cultural de Escairón a mediados de 1982, a entidade amosou un gran dinamismo na aposta por ofrecer un espazo de acción e reflexión cultural, sen esquecer o aspecto lúdico e social.
Ao longo destes anos, o Círculo Saviñao de Escairón acolleu preto dun cento de conferencias sobre un amplo abano de temáticas, a cargo de persoeiros de relevancia local e autonómica. Ademais, a sede desta sociedade cultural ofreceu unha decena de ciclos de conferencias en torno á actualidade política de Galicia, na que interviñeron os máis destacados protagonistas do mundo político da nosa Comunidade.
A música foi outro dos eixos da actividade do Círculo Saviñao, sumando preto de medio cento de concertos e actuacións musicais, e máis dunha vintena de actuacións de música coral. O teatro e a presentación de libros centraron máis de 60 eventos, ademais de actividades e iniciativas de distinto tipo, como a suscrición popular realizada en 1999 para o monumento a don Juan López Suárez, creación do artista Juan Puchades Quilis.
A actividade continúa en Escairón, coa vista posta nas “vodas de diamante” do Círculo Saviñao, que cumplirá 60 anos en 2018.•