Comezan as primeiras obras de mellora na Rede Museística provincial

Campos e García Porto visitaron as instalacións que se están a mellorar no Museo de Lugo. GPDL
Campos e García Porto visitaron as instalacións que se están a mellorar no Museo de Lugo. GPDL
• A comezos de marzo, iniciáronse os primeiros traballos de acondicionamento e conservación nos espazos da Rede Museística provincial, integrados no proxecto global para o que a Deputación de Lugo destina 836.000 euros. As obras arrancaron na sala de exposicións temporais do Museo Provincial, coa mellora do pavimento dos seus 284 metros cadrados de superficie, e co acondicionamento da ventá arqueolóxica desta sala, cun orzamento de 3.000 euros.
PRÓXIMAS ACTUACIÓNS
Pola súa banda, os traballos de mellora da cuberta da sala Multiusos e do lucernario da Sala dos Mosaicos deste Museo terán un custo de 20.000 euros. Estas dúas actuacións están pendentes da concesión do permiso de Patrimonio da Xunta de Galicia.
Así mesmo, a Deputación ten aberto o concurso de ofertas para a desinsectación dos museos de Narla e Tor, tarefa que cualifican de “imprescindible” para a conservación dos espazos e das 5.000 pezas que albergan, proxecto ao que destina 73.600 euros. Por outra banda, o organismo provincial está a contratar, por 740.700 euros, o reforzo da vixilancia nos 4 Museos da Rede Provincial ata finais de 2018.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

55 mozos iniciaron este mes os cursos do LugoWork

Seguinte Nova

Presentan o vídeo e o cartel promocional da XV Feira Medieval de Monforte

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: