Monforte copa as medallas de ouro alevín no Campionato de España de taekwondo

•Laura Álvarez, do Neka, e Alejandro Fernández, da Escola Lucense Tkd, proclamáronse campións de España na categoría alevín •O ximnasio Neka logrou o bronce en trío junior con José Roca, Carlos Rey e Carlos Fernández

O trío junior de José Roca, Carlos Rey e Carlos Fernández conseguiu o bronce no Campionato de España.  (Foto cedida).
O trío junior de José Roca, Carlos Rey e Carlos Fernández conseguiu o bronce no Campionato de España. (Foto cedida).

• A selección galega ten dous campións de España monfortinos. A proba nacional de técnica de taekwondo, disputada o 11 de marzo en Cartagena, culminou coa medalla de ouro alevín feminina para Laura Álvarez, do Neka, e de ouro alevín masculino para Alejandro Fernández, da Escola Lucense Tkd. A nivel colectivo, o combinado galego, comandado no corpo técnico por José Mª Vega, adestrador do Neka, completou unha excelente traxectoria, xa que Galicia se proclamou campiona de España en técnica alevín e en freestyle, e conseguiu o terceiro posto na modalidade senior.

Laura Álvarez, do Neka, coa medalla de ouro conseguida no Campionato de España. (Foto cedida).
Laura Álvarez, do Neka, coa medalla de ouro conseguida no Campionato de España. (Foto cedida).

MOITOS DEPORTISTAS DO NEKA CAMBIABAN DE CATEGORÍA POR IDADE
Os deportistas do club Neka afrontaron a proba nacional “con moita ilusión”, sinalou o seu adestrador, aínda que “conscientes de que moitos dos nosos deportistas cambiaban de categoría por idade”.
Ademais do ouro de Laura Álvarez, os de Neka sumaron outro metal ao seu palmarés, co bronce acadado neste Campionato de España polo trío junior integrado por José Roca, Carlos Rey e Carlos Fernández. Pola súa banda, rozaron medalleiro as integrantes do trío cadete feminino Nerea Fernández, Sydney Rodríguez e Carla Pardo, ao quedar quintas. A sétima posición na proba nacional en trío feminino 1 correspondeu ás deportistas do Neka Sabela González, Meritxell Varela e Elena Varela.
En competición individual, Marco García conseguiu o quinto posto, mesma posición que a lograda por Carlos Rey, que quedou empatado co gañador da medalla de bronce. Dani Areán e Carla Pardo conseguiron plantarse nas semifinais da proba nacional, e Carlos Fernández logrou o sexto posto, de gran valor tendo en conta que era a súa estrea na categoría.
Unha situación similar foi a de Álex Camba, que acabou cun sétimo posto nacional, “un fantástico resultado tendo en conta que debutaba en senior 1”, suliñou o adestrador do  Neka. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Presentan o vídeo e o cartel promocional da XV Feira Medieval de Monforte

Seguinte Nova

Preto do 60% dos lucenses maiores de 65 anos vacináronse contra a gripe nesta campaña

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: