• A VIII Carreira Popular de Chantada xa ten data. A proba de 10 quilómetros en torno ao «corazón de Galicia» celebrarase o domingo 30 de abril. A saída da proba absoluta e adaptada terá lugar ás 10 da mañá, e as categorías menores iniciarán os seus correspondentes percorridos a partir das 12 horas. Esta edición, que ten un carácter solidario e está organizada polo Concello de Chantada e o Club Atletismo Chantada, conta coa colaboración de preto dunha decena de colectivos e establecementos. As inscricións deberán realizarse a través da web www.championchipnorte.com.
A proba de Chantada completa a primeira ronda de carreiras populares no sur de Lugo. O calendario do running ábrese o Venres Santo, 14 de abril, coa XIII Carreira Popular Feira do Viño de Quiroga, e continúa o domingo 23 de abril, na IX Carreira Popular Concello de Monforte.

Para os que buscan retos máis intensos, Chantada ofrece a oportunidade de disfrutar co Desafío Via Romana. A segunda edición desta carreira, que reúne as características do trail e o running, celebrarase o domingo 26 de marzo. Ata o 23 de marzo está aínda aberto o prazo para inscribirse, na web www.championchipnorte.com, na modalidade clásica masculina e feminina, cun percorrido de 1.000 metros dende as 10 horas, e na nocturna, que sae ás 7,00 horas cun trazado de 2 quilómetros.•