O centro de día de Chantada, exemplo da utilidade social do Plan Leader

•Balseiro salientou a importancia da remodelación da antiga escola infantil para este uso, ao que se destinaron máis de 230.000 euros

O delegado da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, visitou o centro de día de Chantada o pasado 13 de marzo.  GPDTL
O delegado da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, visitou o centro de día de Chantada o pasado 13 de marzo. GPDTL

• O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, lembrou en Chantada a importancia de dotar ao medio rural con servizos que atendan á demanda dos colectivos e entidades. O pasado 13 de marzo, Balseiro visitou o centro de día da vila do Asma, ao que puxo como “exemplo da utilidade social das axudas do Plan Leader”, xestionadas polos Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR). Neste caso, o GDR Miño-Ulloa apoiou a remodelación e acondicionamento dunha antiga escola infantil, cunha aportación de 233.440,15 euros para axudar a financiar o custe total da actuación, que ascendía a 303.169,01. Nesta cifra, está incluída tanto a obra como a adquisición do equipamento para o centro de día.
Segundo precisou Balseiro, a actuación permitiu aumentar o número de prazas deste servizo, pasando de 25 a 49, ademais de poñer en servizo un ben municipal que estaba en desuso, aforrando custes tanto en alugueiros como en financiamento de obra nova.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Unha ollada sobre as tradicións etnográficas, na Casa da Xuventude de Chantada

Seguinte Nova

Balance positivo, nas contas e na dinamización sociocultural, do Círculo Saviñao

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

     
A %d blogueros les gusta esto: