O primeiro viño galego vegano é de Chantada

•A adega chantadina Via Romana presentou en Santiago esta novidade no eido vinícola de Galicia

O chef Javier Olleros; o director xeral de Via Romana, Juan Luis Méndez; a responsable da Unión Vegetariana Española, Andrea Ripoll; e o xerente de Galicia Calidade, Alfonso Cabaleiro, na Fundación Eugenio Granell. (Cedida: Kris Pereira’s).
O chef Javier Olleros; o director xeral de Via Romana, Juan Luis Méndez; a responsable da Unión Vegetariana Española, Andrea Ripoll; e o xerente de Galicia Calidade, Alfonso Cabaleiro, na Fundación Eugenio Granell. (Cedida: Via Romana).

• A comezos de marzo, presentouse na Fundación Eugenio Granell de Santiago de Compostela o Via Romana añada mencía 2015, que ten a particularidade de ser o primeiro viño con certificado vegano producido en Galicia.
Este viño é a última creación da adega chantadina Via Romana, e o resultado da búsqueda permanente da calidade e da innovación, señas de identidade desta firma, segundo explicou o director xeral de Via Romana, Juan Luis Méndez. Esta liña de traballo culminou na concesión á adega chantadina de tres medallas na última competición do Catavinum World Wine, certame no que participaron 2.481 viños procedentes de 17 países.
RESPECTO AO MENCÍA E AO PROCESO VEGANO
Segundo destacou Juan Luis Méndez, a innovación e a apertura a novos mercados “levaron a Via Romana a elaborar un mencía vegano, co máximo respecto ao medio ambiente e á sostibilidade”. No proceso de elaboración empregouse un clarificante proteico vexetal, “aínda que respectando todas as características do noso mencía”, precisou Juan Luis Méndez.
Este viño emprega o chícharo como clarificante vexetal, cumplindo o estricto proceso que marca a Unión Vegetariana Española para que o produto final non perda as súas propiedades organolépticas. Ademais, o viño permaneceu un mínimo de 8 meses en depósito e outros 6 en botella antes de saír ao mercado.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

35 anos da Feira do Viño de Chantada a través dos deseños promocionais

Seguinte Nova

A Xunta comprométese en Bóveda a seguir mellorando as infraestruturas deportivas de Galicia

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

Ir aInicio

Don't Miss