• Diversas iniciativas para sensibilizar á sociedade na procura da igualdade de oportunidades para as mulleres
• Charlas, manifestos e exposicións ocuparon boa parte das programacións que os Concellos do sur de Lugo organizaron para celebrar o 8 de marzo, Día Internacional da Muller.
«VIVAS E VISIBLES» PARA SENSIBILIZAR SOBRE A IGUALDADE EN SARRIA
En Sarria, as Concellerías de Cultura e Igualdade puxeron en marcha o programa «Vivas e Visibles», co obxectivo de contribuír, dende o eido local, a «visibilizar a realidade das mulleres», ao tempo que se realiza unha importante tarefa de sensibilización social sobre a necesidade dunha igualdade «real e efectiva». Dentro desta iniciativa, tiveron cabida charlas nos centros de ensino secundario e actividades nos colexios, ademais da exposición «As conquistas do feminismo», instalada ata finais de mes no Paseo do Malecón, na que se reivindica a figura das mulleres máis representativas na loita histórica pola igualdade.

TEATRO E CHARLAS POLA IGUALDADE EN CHANTADA
Para celebrar o Día da Muller, a Casa da Xuventude acolleu o día 15 a actividade “Contos pola Igualdade”, organizada polo grupo Argalleiras Teatro en colaboración co CIM de Chantada. Ademais, o Concello organizou o día 8 un obradoiro-contacontos para escolares de primaria, e unha charla para os de secundaria. O programa completouse coa lectura dun manifesto pola igualdade.•