Os Concellos deberán sancionar os incumplimentos de horario na hostalería

•O alcalde de Monforte mantivo unha reunión cos hostaleiros na que lles pediu a súa colaboración

Reunión do alcalde de Monforte cos hostaleiros da cidade, o pasado 2 de marzo. GPCM
Reunión do alcalde de Monforte cos hostaleiros da cidade, o pasado 2 de marzo. GPCM

• O Concello de Monforte vén de informar aos hostaleiros, a través dunha circular emitida a comezos de marzo, sobre a nova Lei de Medidas Fiscais, Administrativas e de Ordenación, e que afecta á xestión dos incumprimentos de horario na hostalería.
Segundo explicou o alcalde de Monforte, José Tomé, no texto remitido aos profesionais do sector, a Xunta transfire aos Concellos o control dos horarios, a instrución dos expedientes e a imposicións das sancións que correspondan. Ademais, a normativa aprobada pola Xunta de Galicia considera infracción grave o incumprimento dos horarios.
O alcalde de Monforte convocou ademais unha reunión cos hostaleiros, o 2 de marzo, para explicarlles esta modifición introducida pola Xunta, e pedirlles a súa colaboración  para poder cumplir a lei.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O 30 de abril celebrarase a VIII Carreira Popular de Chantada

Seguinte Nova

Unha ollada sobre as tradicións etnográficas, na Casa da Xuventude de Chantada

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: