Presentan o vídeo e o cartel promocional da XV Feira Medieval de Monforte

•A Feira supera as 100 solicitudes para instalar postos, a cifra máis alta rexistrada nos 15 anos de celebración

O produtor do vídeo, Iván Patiño; o alcalde de Monforte, José Tomé; a concelleira de Cultura, Marina Doutón; e o deseñador do cartel, Xosé Quiroga, na presentación do material promocional da XV Feira Medieval de Monforte.GPCM
O produtor do vídeo, Iván Patiño; o alcalde de Monforte, José Tomé; a concelleira de Cultura, Marina Doutón; e o deseñador do cartel, Xosé Quiroga, na presentación do material promocional da XV Feira Medieval de Monforte.GPCM
• Xa está en marcha a campaña promocional da XV Feira Medieval de Monforte, que se celebrará na fin de semana de Pascua, os días 15 e 16 de abril. Co fin de aumentar as visitas a este evento, dende o Concello decidiron adiantar a distribución dos materiais promocionais, centrados no grafismo e no audiovisual.
IMAXES CON DRON
O vídeo deste ano, producido pola firma Amanita Films, incorpora os avances das novas tecnoloxías para conseguir “un relato máis heroico” sobre este evento, segundo explicou o produtor Iván Patiño. A filmación con dron de imaxes na pasada edición da Feira permitiu obter “algo dinámico que estivera á altura dun dos acontecementos máis importantes de Monforte”, salientou Patiño, que confiou de novo no monfortino Fabio González para a creación da banda sonora do vídeo promocional. A súa distribución realizarase nas redes sociais do Concello, do mupi instalado no Cardeal, e da web do Eixo Atlántico, que o fará chegar aos 38 concellos adheridos á Eurorrexión Galicia- Norte de Portugal.
Pola súa banda, Xosé Quiroga, autor do cartel da XV Feira Medieval, destacou o uso da letra grega tau, símbolo de Monforte durante moito tempo, como protagonista da composición, acompañado dunha “chiscadela á tradición da fabricación da seda”.
En canto á organización, o alcalde de Monforte, José Tomé, destacou o aumento no número de solicitudes para poñer un posto na Feira, ata acadar as 116, “a cifra máis alta dende que se celebra este evento”. Ademais, Tomé explicou que medra o espazo da Feira, incorporando a zona do Cárcere vello, a metade da rúa Falagueira, e a rúa Pescaderías.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Comezan as primeiras obras de mellora na Rede Museística provincial

Seguinte Nova

Monforte copa as medallas de ouro alevín no Campionato de España de taekwondo

Últimas noticias sobre EVENTOS

A %d blogueros les gusta esto: