• Continúa a tendencia ascendente en número de vacinados nesta banda de idade nos últimos dous anos
• As vacinacións contra a gripe na provincia de Lugo rexistraron un aumento nos diversos grupos poboacionais. Unha vez rematada a campaña deste ano, o delegado da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, informou do balance desta iniciativa da Consellería de Sanidade na nosa provincia.
A campaña rematou cun total de 57.842 doses administradas entre os lucenses de 65 anos, o que supón unha cobertura do 59,87% neste grupo de idade. Balseiro precisou que esta cifra implica un crecemento sostido durante os dous últimos anos, rexistrándose dous puntos de incremento en cada exercicio. O delegado territorial explicou que, ao igual que o ano pasado, o subgrupo con maior cobertura foi o das persoas cos 75 anos cumplidos, dos que se vacinaron o 66,4%, .
No tramo de 54 a 60 anos, a taxa de vacinados na nosa provincia foi do 25,30%, cun total de 5.477 persoas.
Entre o persoal sanitario, vacináronse 909 persoas, sendo os médicos de atención hospitalaria o grupo máis numeroso, xa que recibiron a vacina o 40,19%.
Ata o 5 de marzo, rexistráronse na provincia un total de 255 ingresos hospitalarios con gripe confirmada, dos que 17 faleceron.•