Quiroga ultima o programa das Feiras que ensalzan os seus produtos

•A XXXV Feira do Viño de Quiroga celebrarase na fin de semana do 15 e 16 de abril •A segunda gran cita cos produtos da terra será o 14 de maio, na XVII Mostra do Aceite de Quiroga en Bendilló

A Feira do Viño de Quiroga integra unha serie de actividades lúdicas, que inclúen música, arte e deporte para todos os públicos, ao longo da semana previa á celebración. Arquivo EC
A Feira do Viño de Quiroga integra unha serie de actividades lúdicas, que inclúen música, arte e deporte para todos os públicos, ao longo da semana previa á celebración. Arquivo EC
O muíño de Bendilló atrae anualmente a numeroso público, interesado por coñecer un dos últimos vestixios da produción artesanal do aceite de Galicia. Arquivo EC
O muíño de Bendilló atrae anualmente a numeroso público, interesado por coñecer un dos últimos vestixios da produción artesanal do aceite de Galicia. Arquivo EC

• A Comisión Organizadora da XXXV Feira do Viño de Quiroga presentou o cartel da edición deste ano, que terá lugar o 15 e 16 de abril, coa participación dunha decena de colleiteiros. A Confraría do Viño de Quiroga someterá a examen as mostras presentadas polos adegueiros, na cata que se celebrará o 1 de abril. A organización está a ultimar os diversos actos lúdicos e culturais en torno á gran cita festiva do viño de Quiroga.
O calendario de eventos de exaltación dos produtos da terra terá continuidade nas terras quiroguesas no mes de maio. O día 14 voltará a poñerse en marcha o muíño tradicional de Bendilló, na XVII Mostra do Aceite de Quiroga, para a que serán seleccionados un máximo de 6 produtores.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Preto do 60% dos lucenses maiores de 65 anos vacináronse contra a gripe nesta campaña

Seguinte Nova

«Un Lugo máis social e máis próspero», balance dos 100 primeiros días de Goberno da Xunta

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio

Don't Miss