• A arte da fotografía e a técnica artesanal do traballo do liño danse a man na exposición «O Liño», asinada por Carlos García Hervella, que pode verse na Casa da Xuventude de Chantada ao longo deste mes.
García Hervella pon o foco de atención sobre unha das tradicións etnográficas máis salientables da zona de Manzaneda, a través dunha serie de 25 fotografías que ilustran o proceso de recuperación do liño, dende a sementeira ata o tear.
A inauguración da mostra tivo lugar o 8 de marzo, nun acto no que García Hervella puido intercambiar experiencias e curiosidades cos asistentes sobre a obra fotográfica e o proceso artesanal que se documenta na exposición.•
Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO
A Asociación Veciñal do Saviñao solicitou á Deputación de Lugo a reparación de dúas estradas provinciais
A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No
Unha vintena de representantes dos diferentes concellos desde Ponferrada a Santiago reúnense en Chantada para impulsar
A Asociación Veciñal do Saviñao, representada pola súa Presidenta Celia Ferreiro Riazor, solicitou á Alcaldía un
A Asociación Cosmética Galega (ACG) comeza o seu camiño co impulso de vinte e dúas empresas