Unha ollada sobre as tradicións etnográficas, na Casa da Xuventude de Chantada

A exposición fotográfica "O Liño" inaugurouse o pasado 8 de marzo. (Foto cedida).
A exposición fotográfica «O Liño» inaugurouse o pasado 8 de marzo. (Foto cedida).

• A arte da fotografía e a técnica artesanal do traballo do liño danse a man na exposición «O Liño», asinada por Carlos García Hervella, que pode verse na Casa da Xuventude de Chantada ao longo deste mes.
García Hervella pon o foco de atención sobre unha das tradicións etnográficas máis salientables da zona de Manzaneda, a través dunha serie de 25 fotografías que ilustran o proceso de recuperación do liño, dende a sementeira ata o tear.
A inauguración da mostra tivo lugar o 8 de marzo, nun acto no que García Hervella puido intercambiar experiencias e curiosidades cos asistentes sobre a obra fotográfica e o  proceso artesanal que se documenta na exposición.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Os Concellos deberán sancionar os incumplimentos de horario na hostalería

Seguinte Nova

O centro de día de Chantada, exemplo da utilidade social do Plan Leader

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: