•Bóveda, Lugo e Outeiro de Rei reciben parcelas do Banco de Terras
• A comezos de marzo, tivo lugar en Santiago a sinatura de cesión de varias parcelas do Banco de Terras aos Concellos de Bóveda, Lugo e Outeiro de Rei, para que se destinen a dotacións de interese social.
VARIOS USOS PARA AS PARCELAS
Segundo explicaron os responsables da Axencia Galega de Desenvolvemento Rexional (AGADER), da que depende o Banco de Terras, os usos destas parcelas orientaranse a instalar un punto de recollida de residuos plásticos agrícolas, un aparcadoiro, e para ampliar un cemiterio ou dispoñer un espazo social e de lecer.
Dende AGADER precisaron que, con esta cesión, preténdese regularizar o patrimonio da Xunta de Galicia, dado que as leiras traspasadas a estes concellos non teñen interese agrario para o Banco de Terras.•

• O BANCO DE TERRAS CEDE DÚAS FINCAS EN CHANTADA AO INGACAL PARA EXPERIMENTAR CON CARBALLOS
• A mediados deste mes, a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER) iniciou o trámite para ceder tres parcelas propiedade do Banco de Terras ao Instituto Galego da Calidade Alimentaria (INGACAL), co fin de crear campos de experimentación con variedades locais de carballos. Segundo explicaron os responsables autonómicos, este proxecto está vinculado ao convenio coa Fundación Juana de Vega para a conservación da diversidade desta especie vexetal en Galicia.
Das tres fincas, dúas están situadas no municipio de Chantada, e outra no de Trasmiras. A superficie aproveitarase para crear plantacións de Quercus robur máis variadas das que existen agora, reunindo árbores de diferentes procedencias xeográficas da mesma área climática. Dende AGADER suliñaron que o obxectivo é lograr parcelas de alto valor xenético en terreos propiedade da comunidade autónoma.
Os trámites da cesión das fincas estará completado en tres meses.•

•EN PRAZO ATA O 2 DE MAIO PARA ARRENDAR PARCELAS DO BANCO DE TERRAS
• O Banco de Terras ofrece en arrendamento un total de 12.429 parcelas de vocación agraria, destinadas a todas aquelas persoas que precisen terra para usos agrícolas, gandeiros, forestais, de conservación da natureza e patrimonio, ou outros usos de interese social. O prazo para solicitalas remata o 2 de maio, e a información sobre prezos e fincas pódese atopar no enlace https://sitegal.xunta.gal/sitegal/FirstPage.do.
Lugo é a segunda provincia galega con máis superficie dispoñible, sumando 2.807 parcelas e 1.898,04 hectáreas para arrendar.•