•A entidade dependente da Deputación de Lugo asinou un convenio coa Fundación Ingada
• A mediados de marzo, quedou asinado o convenio de colaboración entre a Fundación TIC, dependente da Deputación de Lugo, e a Fundación Ingada (Instituto Galego de TDAH e Trastornos Asociados). En virtude deste acordo, a TIC comprométese a difundir as actividades que desenvolva na nosa provincia este colectivo social en prol das persoas con Trastorno por Déficit de Atención e Hiperactividade (TDAH) e as súas familias.
Segundo explicaron dende o organismo provincial, en Ingada participan activamente profesionais de diferentes disciplinas, que engloban a saúde, a educación, o ámbito xurídico, a economía e a comunicación, co obxectivo de axudar aos afectados por TDAH.
Con este convenio, xa son máis de 170 as asociacións sen ánimo de lucro coas que colabora a Fundación TIC.•