• O Concello de Bóveda vén de abrir o prazo para presentar orixinais ao VI Concurso de Carteis da XV Feira Tradicional Outrora, que se celebra o 14 de xullo en Rubián.
AMBIENTACIÓN NUN MERCADO GALEGO DE FINAIS DO SÉCULO XIX ATA OS ANOS 50
Segundo explican as bases do concurso, os traballos deberán ter en conta que esta feira recrea un mercado tradicional galego de finais do século XIX ata os anos 1950. Poderá participar calquera que o desexe, agás persoas vinculadas coa organización da feira e os seus familiares en primeiro grao.

CARACTERÍSTICAS TÉCNICAS DOS CARTEIS
As obras deberán ser inéditas, e poderán presentarse ata dous deseños por autor. Os deseños presentaranse en formato vertical, de 42 x 59 cms, tipo A2. A tipografía e a técnica serán de libre elección.
Os carteis poden enviarse por correo postal, sen firma e baixo seudónimo ou lema, cun sobre pechado que incluirá os datos de contacto do autor. O envío realizarase ao Rexistro do Concello de Bóveda, no número 85 da Avenida de Alfonso XIII. Tamén poden presentarse polo correo electrónico cultura@concellodeboveda.com. Nesta opción, os deseños achegaranse en formato PDF ou JPG, a 300 ppp, cargando as fontes empregadas. No texto do correo indicarase o lema ou seudónimo, máis os datos de contacto do autor. A data límite para a recepción de traballos é o luns 1 de maio de 2017.
PREMIO EN METÁLICO
O concurso establece un único premio de 150 euros para o cartel gañador, que será a imaxe da vindeira edición da Feira Outrora. Se o Concello o estima oportuno, poderá organizar unha exposición coa totalidade dos traballos presentados ao concurso, sen dereito a retribución para os autores.•