Chantada e Ribas de Sil, entre os concellos dotados con novas embarcacións de emerxencias

•A Xunta investiu nestes novos equipamentos preto de 165.000 euros

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, na entrega das 14 embarcacións aos responsables municipais, nun acto celebrado en As Pontes o 27 de marzo. GPXG
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, na entrega das 14 embarcacións aos responsables municipais, nun acto celebrado en As Pontes o 27 de marzo. GPXG

• Os concellos de Chantada e Ribas de Sil contan xa cunha nova embarcación para augas interiores, destinadas aos servizos de emerxencias e Protección Civil. Estes municipios do sur lucense recibiron, xunto con outros once concellos de toda Galicia, os equipamentos financiados pola Xunta de Galicia con preto de 165.000 euros.
Os representantes dos municipios de A Estrada, A Gudiña, As Pontes, Avión, Brión, Chantada, Curtis, O Barco, Padrón, Ribadavia, Ribas de Sil, Tomiño e Vilalba, así como o Grupo de Apoio Loxístico ás Emerxencias (Gali) recibiron as embarcacións o 27 de marzo, nun acto celebrado en As Pontes coa presenza do vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o director xeral de Emerxencias e Interior, Luís Menor.
Na entrega destes equipamentos, Rueda destacou «o apoio e recoñecemento demostrados pola Xunta co traballo dos voluntarios de Protección Civil», e puxo en valor «o seu esforzo, compromiso e labor».•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Continúa o apoio do CB Breogán aos colectivos sociais da provincia

Seguinte Nova

A Fundación TIC difundirá as actividades do colectivo provincial a prol das persoas con TDAH

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

Ir aInicio

Don't Miss