•Asinado o convenio entre a Deputación e a Asociación Española contra o Cancro de Lugo
• O 23 de marzo, tivo lugar na sede da Asociación Española Contra o Cancro en Lugo a sinatura do convenio entre esta entidade social e a Fundación TIC, dependente da Deputación de Lugo. No acto participaron a presidenta do colectivo social, Mariluz Abelleira, e o patrón da TIC e deputado de Relacións Institucionais, Álvaro Santos. Con este convenio de colaboración, preténdese dar maior visibilidade ao labor que realiza a Asociación Española Contra o Cancro na provincia na loita contra esta enfermidade.
MAÍS DIFUSIÓN AUDIOVISUAL DAS CAMPAÑAS DA AECC EN MEDIOS E REDES SOCIAIS
Segundo explicou Álvaro Santos, con este convenio a TIC da Deputación vai contribuir a que as campañas desta asociación cheguen a un maior número de persoas, a través da divulgación de audiovisuais en redes sociais e medios de comunicación, “buscando sumar esforzos e recadar fondos para paliar unha das principais causas de morte en España”.

HÁBITOS SAUDABLES
Os participantes na sinatura do convenio precisaron que a primeira acción vinculada a este acordo foi a gravación íntegra e posterior difusión do taller de alimentación saudable que a Asociación Española Contra o Cancro de Lugo realizou o 29 de marzo na cafetería do persoal do Hospital Universitario Lucus Augusti de Lugo. Esta actividade estivo dirixida a pacientes oncolóxicos e aos seus familiares, e nela participaron un profesional do Colexio Galego de Nutricionistas, e un cociñeiro do hospital lucense, que preparou en directo un menú axeitado para cubrir as necesidades nutricionais de persoas con tratamento oncolóxico.•