Éxito do II Desafío Via Romana de Chantada

Foto de familia de organizadores e vencedores nas diferentes modalidades do II Desafío Via Romana, celebrado en Chantada o 26 de marzo. (Foto: Via Romana)
Foto de familia de organizadores e vencedores nas diferentes modalidades do II Desafío Via Romana, celebrado en Chantada o 26 de marzo. (Foto: Via Romana)
• O domingo 26 de marzo, celebrouse o II Desafío Via Romana de Chantada, unha singular carreira que transcurre por un trazado vertical e entre os viñedos da adega Via Romana, organizadora da proba xunto co Club Atletismo Chantada.
A segunda edición deste desafío, pioneiro en Galicia en carreiras de altura, superou a participación do ano pasado. Participaron un total de 16 mulleres,  e na modalidade masculina cubríronse a totalidade das prazas, con 45 inscritos.
A CARREIRA NOCTURNA, NOVIDADE DESTE ANO
A proba ofrecía como novidade unha carreira nocturna, con saída ás sete da mañá para percorrer dous quilómetros cunha pendente máxima do 90% e un desnivel de 254 metros. Os gañadores desta modalidade foron Tomás Díaz e Marta Diéguez.
Na proba clásica, con preto de un quilómetro de distancia, unha pendente máxima do 80% e un desnivel de 139 metros, tivo como vencedores a Marcos Fernández e Fátima Nogueira. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Premiado o programa de FAGAL e Fundación barrié de apoio a familiares de enfermos de Alzheimer no rural galego

Seguinte Nova

Continúa en Augas Santas a 8ª edición da Liga de Parellas de Golf

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio

Don't Miss