José Roca, Carlos Rey e Carlos Fernández, do Neka, bronce no Open de Bélxica

•O trío junior obtivo tamén o bronce no Open de España unha semana despois, proba na que o Neka sumou outra medalla, co bronce individual de Álex Camba

Roca, Rey e Fernández tamén conseguiron outro bronce no Open de España celebrado en Alicante, proba na que Álex Camba (segundo pola esquerda) acadou un bronce individual.  (Foto cedida).
Roca, Rey e Fernández tamén conseguiron outro bronce no Open de España celebrado en Alicante, proba na que Álex Camba (segundo pola esquerda) acadou un bronce individual. (Foto cedida).
• Os deportistas do ximnasio Neka de Monforte veñen de completar con éxito unha rolda de competicións de alto nivel.
PROBA A NIVEL DE CAMPIONATO DE EUROPA
A primeira das citas tivo lugar o 18 de marzo, na localidade belga de Lommel, onde viaxaron os integrantes da selección galega de taekwondo para disputar o Open de Bélxica. Esta competición supuxo un gran desafío para os cinco deportistas do Neka que acudiron co combinado galego, xa que era un Open “con nivel de campionato de Europa”, segundo explicou o técnico da selección galega e adestrador do Neka, José Mª Vega. Os monfortinos superaron con creces este reto, materializado na medalla de bronce obtida polo trío junior de Carlos Rey, José Roca e Carlos Fernández. Vega amosou a súa satisfacción polo traballo deste trío, que “rozou a prata” ao perder ante Alemaña por tan só 0,01 puntos, e distanciados do ouro de Dinamarca por 0,06 puntos. Os monfortinos deixaron polo camiño aos competidores de Islandia e Suecia, e superaron ao actual trío campión de España, do Hebe de Moaña, que tamén representaba a Galicia.
O trío junior formado por José Roca, Carlos Rey e Carlos Fernández, co adestrador da selección galega e responsable do Neka, José Mª Vega, logo de acadar a medalla de bronce no Open de Bélxica. (Foto cedida).
O trío junior formado por José Roca, Carlos Rey e Carlos Fernández, co adestrador da selección galega e responsable do Neka, José Mª Vega, logo de acadar a medalla de bronce no Open de Bélxica. (Foto cedida).
“O NEKA PUXO UNHA PICA EN FLANDES”
Na proba belga, os deportistas do Neka deixaron o listón moi alto. Elena Varela plantou cara á competidora de China-Taipey, que amosou un “nivel brutal,  como todos os asiáticos”, e que venceu á monfortina por só 0,4 puntos. Vega destacou o traballo de Varela, “que fixo o seu mellor campionato ata a fecha”. Tamén en competición individual, Carlos Rey conseguiu o noveno posto entre 47 deportistas, “un éxito” extensible ao seu compañeiro Álex Camba, superado polo representante alemán por só 0,04 puntos no seu primeiro campionato internacional, e á parella de Camba e Varela, que caeron en primeira ronda logo de deixar atrás a seleccións nacionais como Croacia.
“O Neka puxo unha pica en Flandes”, comentou satisfeito o adestrador do ximnasio monfortino, que se amosou “moi orgulloso dos meus chavales” logo de completar este “fantástico resultado” nunha cita na que participaron deportistas de máis dunha ducia de países. “A valoración non pode ser máis positiva”, resumiu José Mª Vega, técnico tamén da selección galega, combinado que sumou ademais o ouro do deportista do club Tao, Samuel Meilán, e a prata do taekwondista do Han’s de Betanzos, Seung Shin Han.
A boa sintonía e o sentimento de equipo son unha constante na expedición do club Neka ás competicións. (Foto cedida).
A boa sintonía e o sentimento de equipo son unha constante na expedición do club Neka ás competicións. (Foto cedida).
NOVOS ÉXITOS NACIONAIS DO NEKA, CON 2 MEDALLAS COA SELECCIÓN GALEGA
Despois da gran cita belga, once deportistas do Neka retomaron a competición nacional, acudindo de novo coa selección galega a Alicante o 24 de marzo para participar no Open de España, nas modalidades de técnica e combate.
A proba alicantina rematou para os monfortinos cun novo bronce conseguido polo trío Carlos Rey, José Roca e Carlos Fernández, “sempre seguros” en competición, segundo precisou o seu adestrador. O medalleiro nacional dos monfortinos sumou tamén o bronce acadado por Álex Camba en individual, nunha traxectoria “increíble no seu primeiro ano de senior, codeándose cos mellores”.
O gran nivel amosado polos deportistas do Neka no Open de España completouse co bo papel dos tríos femininos, que rozaron o podio cun definitivo quinto posto, tanto para a formación cadete de Sydney Rodríguez, Nerea Fernández e Carla Pardo, como para o trío senior 1 integrado por Elena Varela, Meritxell Varela e Sabela González.
Na modalidade parella, Álex Camba e Elena Varela remataron a proba alicantina no sétimo posto.•

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Presentan o programa da XV Feira Medieval de Monforte

Seguinte Nova

Máis de 3.800 persoas concorren ás probas de selección do programa provincial Ben Empregado

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

     
A %d blogueros les gusta esto: