Máis de 3.800 persoas concorren ás probas de selección do programa provincial Ben Empregado

• A terceira edición desta iniciativa ofrece 193 postos de traballo para lucenses desempregados, en 178 empresas e colectivos sen ánimo de lucro da provincia

Imaxe de arquivo do presidente da Deputación con participantes das anteriores edicións do Ben Empregado. GPDL
Imaxe de arquivo do presidente da Deputación con participantes das anteriores edicións do Ben Empregado. GPDL
• O 27 de marzo, o Goberno provincial comezou as probas de selección para os 193 postos de traballo que ofrece o programa Ben Empregado 3, destinado a lucenses en situación de desemprego, que poderán traballar en 178 empresas e colectivos sen ánimo de lucro na nosa provincia. Ás probas de selección están convocados máis de 3.800 lucenses, nun proceso que rematará o 28 de abril.
126 POSTOS CO 50% DOS CUSTOS LABORAIS FINANCIADOS POLA DEPUTACIÓN
Segundo explicaron os responsables provinciais, 2.743 aspirantes optan ás prazas ofertadas na liña A1, na que a Deputación vai financiar o 50% dos custos laborais dos traballadores durante un ano.Esta liña ofrece 126 postos de traballo en 116 empresas lucenses.
30 EMPREGOS COMPLETAMENTE SUBVENCIONADOS
A terceira edición do plan de emprego Ben Empregado, posto en marcha pola Deputación, inclúe tamén outra liña dirixida a persoas con capacidades diferentes ou en risco de exclusión social. Este grupo ofrece 30 empregos en 36 empresas, cun total de 534 candidatos. Nesta liña, o organismo provincial financia o 100% dos custos laborais de cada traballador.
28 POSTOS EN ASOCIACIÓNS  LUCENSES
Por último, o Ben Empregado 3 complétase cunha terceira liña, que ofrece 28 postos de traballo en 26 asociacións sen ánimo de lucro da provincia, e na que se rexistraron 567 aspirantes. A Deputación financiará o 100% dos gastos laborais dos traballadores.
O programa Ben Empregado 3 está dotado con 2,3 millóns de euros. Dos 193 postos de traballos que ofrece, 28 están ubicados nas comarcas de Lemos e Chantada, 16 na de Sarria, 34 na Mariña, 40 na comarca da Terra Chá, 50 na de Lugo, 19 na Montaña, 3 na Ulloa e outros 3 con mobilidade pola provincia.
Os perfís que se demandan foron solicitados polas 178 empresas e asociacións contratantes, co obxectivo de axeitarse o máis posible ás súas necesidades. Para a súa selección, a Deputación primou ás entidades de nova creación, ás impulsadas por mulleres, maiores de 45 anos, ou mozos entre 16 e 35 anos. Tamén se tivo en conta a oferta de contratación indefinida, plans de formación, conciliación laboral, e melloras en canto aos convenios do sector.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

José Roca, Carlos Rey e Carlos Fernández, do Neka, bronce no Open de Bélxica

Seguinte Nova

O Consorcio de Turismo estrea en Semana Santa rutas pola minería aurífera da Ribeira Sacra

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: