Monforte completou a rolda de reunións para a elaboración do Plan Estratéxico de Turismo da Deputación

•Na Mesa de Turismo celebrada na cidade do Cabe participaron representantes de 40 entidades e concellos da Ribeira Sacra •O deputado de Turismo resaltou a “gran acollida” que tiveron as 5 mesas de traballo celebradas na provincia, nas que estiveron representadas preto de 200 entidades

O deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde, durante a celebración en Monforte da mesa de traballo para elaborar o Plan Estratéxico de Turismo da Deputación, nun encontro con representantes de 40 entidades e concellos da Ribeira Sacra. GPDL
O deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde, durante a celebración en Monforte da mesa de traballo para elaborar o Plan Estratéxico de Turismo da Deputación, nun encontro con representantes de 40 entidades e concellos da Ribeira Sacra. GPDL
• A cidade de Monforte acolleu, o pasado 21 de marzo, a derradeira Mesa de Traballo que está a organizar a Deputación de Lugo para a elaboración do seu Plan Estratéxito de Turismo.
NA BUSCA DUN MODELO TURÍSTICO “MÁIS COMPETITIVO, INNOVADOR E SOSTIBLE”
A fase de consulta sumou un total de cinco reunións, desenvolvidas ao longo da provincia, e nas que participaron representantes de preto de 200 entidades e municipios. O deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde, agradeceu a gran participación de organismos, asociacións e municipios, e amosouse satisfeito pola gran cantidade de propostas recollidas con este sistema participativo, de cara á elaboración do Plan Estratéxico de Turismo da provincia de Lugo. “Este plan vainos permitir impulsar o sector turístico para lograr un modelo máis competitivo, innovador e sostible”, apuntou Vidal Baamonde.
FASE DE CONSULTA DE ESCOITA ACTIVA
A metodoloxía empregada nas Mesas de Turismo impulsadas pola Deputación plasmouse en varias dinámicas de grupo realizadas polos asistentes, para detectar as debilidades e fortalezas de cada un dos xeodestinos que hai na provincia. Nesta liña de traballo de “escoita activa”, segundo a definiron os responsables provinciais, a fase de consulta do Plan Estratéxico de Turismo completouse coa realización de entrevistas en profundidade con expertos, ademais de enquisas en liña a colectivos do sector turístico.
A elaboración do Plan continuará nunha segunda fase, adicada ao procesamento dos datos obtidos e á elaboración dunha diagnose do sector, e sobre a que se basearán as liñas estratéxicas e os plans de acción, especificados tanto a nivel provincial como en cada un dos catro xeodestinos lucenses. O Goberno provincial ten previsto presentar o documento do Plan Estratéxico o vindeiro mes de xuño.
PRESENTE E FUTURO DO XEODESTINO RIBEIRA SACRA, VISTOS POLOS SEUS REPRESENTANTES
Segundo sinalou o alcalde de Monforte, José Tomé, na reunión mantida na cidade do Cabe, “o turismo move hoxe o 11% do Produto Interior Bruto, e tamén unha porcentaxe semellante do emprego”. O alcalde de Monforte suliñou a importancia do xeodestino Ribeira Sacra, “fundamental dentro da provincia de Lugo”. Na Mesa de Turismo celebrada en Monforte, os asistentes destacaron como principais recursos deste xeodestino a paisaxe, a cultura do viño e o Románico. Tamén identificaron como puntos débiles da Ribeira Sacra as deficiencias nas estradas, a mala sinalización dos recursos turísticos, e o abandono do rural.
Así mesmo, os participantes coincidiron en destacar como unha oportunidade para este xeodestino a posible declaración da Ribeira Sacra como Patrimonio da Humanidade.•

O Goberno provincial garante o servizo de catamaráns

•Record de reservas para Semana Santa: 2.000 máis que o ano pasado

• A Xunta de Goberno do 24 de marzo aprobou “por vía de urxencia” os trámites para poder poñer en marcha o servizo de catamaráns da tempada de Semana Santa. Finalmente, será TRAGSA a encargada do funcionamento deste servizo dende abril a decembro.
Segundo explicou o presidente da Deputación, Darío Campos, o seu equipo de Goberno e os técnicos provinciais traballaron “nunha solución para iniciar a actividade das Rutas Fluviais en abril, tal como estaba previsto”, logo de que se bloquease a súa “inmediata” posta en marcha dende SUPLUSA. O bloqueo xurdiu ao non acadar a maioría absoluta necesaria na votación no SUPLUSA da convocatoria pública para a selección do persoal, xa que o PP abstívose e o BNG votou en contra, ao non aceptarse a enmenda que presentaran para manter o persoal do ano pasado.
Campos destacou que “buscamos a solución máis áxil e axustada á legalidade para non demorar o funcionamento das Rutas Fluviais”. O mandatario salientou que “sabemos da importancia da súa posta en marcha para a provincia e os veciños, establecementos e Concellos da Ribeira Sacra”. Neste sentido, o deputado de Turismo, Eduardo Vidal, informou aos alcaldes das xestións realizadas con TRAGSA.
A mediados de marzo, contabilizábanse 6.322 reservas ata decembro, das que 874 son para Semana Santa. O presidente destacou a cifra record de reservas rexistradas a estas alturas do ano, ao sumar 2.000 máis que en 2016. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Colaboración entre a Fundación TIC e a AECC para sensibilizar na loita contra o cancro

Seguinte Nova

O Pleno da Deputación aproba as bases para o reparto e investimento dos fondos do Plan Único destinado aos concellos

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio

Don't Miss