O Consorcio de Turismo estrea en Semana Santa rutas pola minería aurífera da Ribeira Sacra

Dentro dun programa que inclúe 10 rutas temáticas polo territorio

Imaxe de arquivo dunha edición anterior do Viñobús durante a temporada de Semana Santa. Arquivo EC.
Imaxe de arquivo dunha edición anterior do Viñobús durante a temporada de Semana Santa. Arquivo EC.
• O Consorcio de Turismo Ribeira Sacra ofrece para Semana Santa unha ampla programación de rutas temáticas, que inclúen os tradicionais roteiros polo Románico e as adegas no Viñobús. Ademais, esta edición incorpora como novidade as rutas da Minería Aurífera, vinculadas á tradición dos xacementos de ouro na Ribeira Sacra.
DÚAS NOVAS RUTAS POLOS XACEMENTOS ROMANOS DE OURO
Estes itinerarios céntranse no val dos ríos Sil e Lor, e amosa o proceso de extracción deste prezado mineral segundo as técnicas empregadas polos romanos. O programa inclúe a posibilidade de presenciar unha demostración da búsqueda de ouro. A primeira ruta da Minería Aurífera terá lugar o venres 14 de abril, con saída ás 10,30 dende o Parque dos Condes de Monforte. O itinerario desenvolverase por Quiroga e A Pobra do Brollón, visitando Margaride, Quiroga, Montefurado e A Pobra do Brollón. A segunda ruta será o sábado 15 de abril, saíndo á mesma hora dende Monforte, para realizar o circuíto entre Quiroga e Ribas de Sil, pasando por Margaride, mirador Pena do Ladeiro, mirador da Cubela e Montefurado.
A actividade ten un prezo de 6 euros por persoa, que inclúe transporte en microbús, guía oficial, arqueólogo e posibilidade de demostración dun bateador de ouro, segundo a disponibilidade do tempo. Precísase reserva previa, e a organización ofrece 20 prazas por ruta.
3 RUTAS DE VIÑOBÚS NA SEMANA SANTA
O Viñobús volve a poñerse en marcha para a Semana Santa, con dúas rutas de xornada completa o venres e sábado, con saída dende Ourense e un prezo de 10 euros por persoa, e outra ruta de media xornada, que sae de Monforte ás 16,30 horas o sábado 15 de abril, cun prezo de 6 euros por persoa.
CATRO ITINERARIOS POLO ROMÁNICO
O románico continúa na programación do Consorcio, con 4 rutas. A ruta de Pantón e Sober desenvolverase o venres pola mañá, e este mesmo día pola tarde terá lugar a do Saviñao. O sábado pola mañá visitarase a comarca de Chantada, e o románico dos mosteiros ourensáns percorrerase en dúas quendas, o xoves pola tarde e o sábado pola mañá.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Máis de 3.800 persoas concorren ás probas de selección do programa provincial Ben Empregado

Seguinte Nova

Oito concellos do sur recibirán axudas da Xunta á compra de materiais para as bibliotecas

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: