O Mes de Amandi aposta pola enogastronomía

•A programación incluiu unha xornada de maridaxe de Viño de Amandi con Castaña de Galicia

A xornada de maridaxe tivo lugar na Escola de Hostelería de Rosende, o pasado 16 de marzo  GPCS.
A xornada de maridaxe tivo lugar na Escola de Hostelería de Rosende, o pasado 16 de marzo GPCS.

• A programación do Mes de Amandi contou cun espazo para a enogastronomía. O día 16 de marzo, tivo lugar na Escola de Hostelería de Rosende unha xornada de maridaxe de Viño de Amandi con Castaña de Galicia.
O menú da xornada estivo composto por nove propostas, que puideron degustarse no xantar posterior. Entre as creacións, a carta incluiu capuccino de castañas, escabeche de perdiz de tiro con castañas, ou biscoito de castaña con xeado de fiuncho.
O acto, organizado polo Concello de Sober dentro dos eventos previos á XXXVII Feira do Viño de Amandi, contou coa colaboración da Escola de Hostelería da Fundación Belarmino Fernández e a IXP Castaña de Galicia.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A Consellería cede fincas a 3 concellos lucenses para dotacións sociais

Seguinte Nova

Sober recupera unha peza do seu pasado arqueolóxico

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: