•Celebraron o Día da Árbore cun traballo de campo na parroquia de Guítara
• Co gallo da celebración, o pasado 21 de marzo, do Día Internacional dos Bosques e Día da Árbore, desenvolveuse en Pantón unha actividade na natureza. O grupo de nenos e nenas que participan nos Luns Activos organizados polo Concello de Pantón no Edificio Sociocultural, realizaron unha saída á parroquia de Guítara, onde tomaron parte na plantación de castiñeiros e na limpeza do monte.
A actividade estivo organizada polo Concello de Pantón, en colaboración coa Consellería de Medio Rural.•