•Leiceaga salientou en Monforte que a Xunta “non debe regatear” no enlace coa N-120
• O portavoz do Grupo Socialista no Parlamento de Galicia, Xoaquín Fernández Leiceaga, mantivo o día 15 un encontro na sede do partido en Monforte, para presentar as iniciativas parlamentarias sobre o Porto Seco que os socialistas levarán ao Pleno da Cámara galega a finais de mes. Leiceaga, que estivo acompañado polo deputado José Quiroga e o alcalde José Tomé, criticou que Feijóo rexeitara investir no Porto Seco de Monforte no encontro mantido co presidente da Deputación de Lugo. Leiceaga afirmou “non entender como non se poñen os medios para resolver a conexión coa N-120, e sobre todo, para que deixe de ser un mero polígono e se convirta nun complemento aos 5 portos de interese xeral de Galicia”.
No encontro de Monforte, o rexedor local, José Tomé, criticou a “falla de compromiso” da Xunta “porque non goberna nas principais cidades da provincia”, e acusou ao Goberno de Feijóo de “non saber que queren facer co Porto Seco, logo de seis anos perdidos”. Tomé salientou que “vai sendo hora de que na Xunta tomen en serio a Monforte e ó sur de Lugo”.•