Premiado o programa de FAGAL e Fundación barrié de apoio a familiares de enfermos de Alzheimer no rural galego

Unha das accións formativas para cuidadores do programa Red Paraguas Alzheimer, promovido pola Federación Alzheimer Galicia (FAGAL) e a Fundación Barrié.  (Foto cedida: FAGAL-Fundación Barrié).
Unha das accións formativas para cuidadores do programa Red Paraguas Alzheimer, promovido pola Federación Alzheimer Galicia (FAGAL) e a Fundación Barrié. (Foto cedida: FAGAL-Fundación Barrié).
• O programa Red Paraguas Alzheimer, posto en marcha en 2013 pola Federación Alzheimer Galicia (FAGAL) e a Fundación Barrié, vén de ser galardonado este mes nos Premios do Día Mundial do Traballo Social, na modalidade de boas práticas.
APOIO AOS COIDADORES E ATENCIÓN AOS ENFERMOS
Segundo explicaron dende a Fundación Barrié, o programa Red Paraguas Alzheimer ten como obxectivo apoiar ás familias con persoas enfermas de Alzheimer no rural galego, ofrecendo atención e apoio directo aos coidadores, ademais de unidades de memoria aos afectados. Así mesmo, o programa pretende fomentar o asociacionismo baixo o amparo, a experiencia e a coordinación das entidades xa existentes.
Dende a Fundación Barrié
presentaron unha memoria das actividades desenvolvidas dentro do programa Red Paraguas Alzheimer. No aspecto de información sobre sintomatoloxía que poden presentar os afectados, realizáronse 39 charlas dende o punto de vista sanitario, social e psicolóxico, ás que asistiron un total de 1.053 persoas. Así mesmo, o programa desenvolveu un ciclo de formación, con catro charlas-talleres nas que se dotou aos familiares coidadores de pautas de actuación nas diferentes etapas da enfermidade. En total, realizáronse unha decena de ciclos, que reuniron a 200 participantes.
UNIDADES DE MEMORIA E TRABALLO INDIVIDUAL
Por último, o programa Red Paraguas Alzheimer desenvolveu un total de 5 unidades de memoria, na que tomaron parte 62 persoas, que puideron beneficiarse de técnicas de estimulación cognitiva, actividades de vida cotiá ou musicoterapia, entre outras, e todas elas de eficacia probada, segundo precisaron dende a Fundación Barrié. As unidades de memoria completáronse coa elaboración de fichas individualizadas de cada afectado, e cunha rolda de reunións periódicas co participante e cos seus familiares.
Os premios do Día Mundial do Traballo Social, convocados polo Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia, buscan recoñecer, premiar e divulgar traballos de investigación e boas práticas relacionadas co traballo social en Galicia.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Aberto o prazo de inscrición no programa Actívate 2017 do Concello de Monforte

Seguinte Nova

Éxito do II Desafío Via Romana de Chantada

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio

Don't Miss