Presentan o programa da XV Feira Medieval de Monforte

•A Feira estrea un campamento infantil e recupera a colaboración cos artesáns de Monforte

O alcalde de Monforte e a concelleira de Cultura, na presentación do programa da XV Feira Medieval, que se celebrará os días 15 e 16 de abril. GPCM
O alcalde de Monforte e a concelleira de Cultura, na presentación do programa da XV Feira Medieval, que se celebrará os días 15 e 16 de abril. GPCM
• Monforte iniciou a conta atrás para celebrar a XV Feira Medieval, na fin de semana do 15 e 16 de abril. Recentemente, déronse a coñecer as actividades programadas para o sábado e domingo, que inclúen diversas novidades.
CAMPAMENTO MEDIEVAL CON EXPOSICIÓNS, DEMOSTRACIÓNS E OBRADOIROS
Segundo explicaron o alcalde de Monforte, José Tomé, e a concelleira de Cultura, Marina Doutón, este ano vaise recuperar o campamento medieval dos cabaleiros de Ulver, que estará instalado na Praza de España. Tomé precisou que este espazo contará con exposición de armas, panoplias militares, cascos, e indumentaria civil, así como diversos utensilios de época. O campamento ofrecerá obradoiros participativos e demostracións, sobre confección de frechas, esgrima antiga, pintura en miniatura e escritura gótica, ademais de tear de tablillas, entre outras propostas.
A montaxe do estrado para os eventos na Praza de España correrá a cargo da Asociación de Artesáns de Monforte, coa que o Concello recupera a colaboración.
Este ano tamén se cambia a ubicación da exhibición de aves de rapiña, que se realizará na rúa Pescaderías e Cárcere Vello, «porque precisa un espazo libre de cables», explicou Tomé.
CAMPAMENTO MEDIEVAL INFANTIL
Outra das novidades é a instalación dun campamento infantil, na contorna da Porta da Alcazaba e pola rúa Falagueira. Segundo precisou o alcalde, este campamento para os máis cativos disporá de nove xogos diferentes, que inclúen dende un torneo medieval ata tiro con ballesta, zancos ou o xogo da ferradura. «Trátase de que os nenos se sintan protagonistas da Feira, e de levar actividades á contorna de San Vicente», precisou.
O programa mantén actividades de gran acollida en pasadas edicións, como as xustas medievais no campo dos Escolapios, o tiro con arco na Régoa, os espectáculos de lume e os paseos en burriña na Praza de España.
En canto aos expositores, a XV Feira Medieval de Monforte contará cun cento de postos, unha trintena dos cales estarán adicados á alimentación e restauración. Haberá 41 artesáns de diversos oficios, e 30 postos comerciais.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O Pleno da Deputación aproba as bases para o reparto e investimento dos fondos do Plan Único destinado aos concellos

Seguinte Nova

José Roca, Carlos Rey e Carlos Fernández, do Neka, bronce no Open de Bélxica

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Ir aInicio

Don't Miss