Sober recupera unha peza do seu pasado arqueolóxico

•Patrimonio autorizou o traslado á capitalidade soberina do menhir “Marco da Pedra Longa”, que se custodiaba no Museo Provincial de Lugo

O menhir “Marco da Pedra Longa” estaba depositado no patio do Museo Provincial de Lugo.  GPCS.
O menhir “Marco da Pedra Longa” estaba depositado no patio do Museo Provincial de Lugo. GPCS.
• Sober vai contar cun novo atractivo cultural, ao recuperar o menhir “Marco da Pedra Longa”, depositado dende 2002 no patio do Museo Provincial de Lugo. Segundo explicaron dende o Concello, a dirección xeral de Patrimonio Cultural da Xunta autorizou, a mediados de marzo, o cambio de depósito desta peza arqueolóxica.
NO CENTRO DE RECEPCIÓN DE VISITANTES DE SOBER
Segundo precisaron os responsables municipais, esta concesión veu motivada pola “proximidade ao lugar de achado”, xa que o menhir foi encontrado no lugar da Veiga, na parroquia soberina de Canabal, ademais de ter en conta “as circunstancias que fan posible, na súa nova ubicación, a súa adecuada conservación e a mellor función cultural e científica”. A peza poderá verse no Centro de Recepción de Visitantes de Sober. Ademais de valorar “as condicións de conservación axeitadas para os materiais arqueolóxicos”, dende Patrimonio consideran positivo que o Centro soberino sexa “un edificio de recente construción, aberto ao público con persoal de atención aos visitantes e orientación para as visitas turísticas”. O informe destaca a situación céntrica do edificio, o seu “horario accesible e regular todo o ano”, e as medidas de seguridade.
SERVIU DE MARCO DE FINCAS
Segundo explicaron dende o Concello, o menhir foi atopado polo arqueólogo Iván Álvarez Merayo durante as tarefas de control arqueolóxico das obras da línea de ferrocarril entre Monforte e Canabal. A peza estaba caída encima dun canal de regadío. Estímase que durante a Idade Media, a pedra funcionou como marco de fincas ou terreos, xa que está situada preto do límite entre concellos, e hai documentos que a mencionan como linde entre terras das Casas de Andrade e de Tor.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O Mes de Amandi aposta pola enogastronomía

Seguinte Nova

Os máis cativos de Pantón aprenden o respecto á natureza

Últimas noticias sobre CULTURA

PROGRAMA LUGOTERMAL 2024_2025

A Deputación abrirá o prazo de inscrición ás 09:00 horas do luns 02.12.2024 da nova edición do LugoTermal, con máis de 1.700 prazas. 
Ir aInicio

Don't Miss