21 deportistas do Neka disputarán o Campionato galego de técnica de taekwondo

•Clasificáronse no provincial de idade escolar, que reuniu en Monforte a preto de 100 taekwondistas lucenses

O grupo do Neka tralo campionato provincial disputado en Monforte, o pasado 1 de abril. (Foto cedida).
O grupo do Neka tralo campionato provincial disputado en Monforte, o pasado 1 de abril. (Foto cedida).
• Un total de 21 deportistas do ximnasio Neka de Monforte conseguiron a clasificación para o Campionato Galego de técnica de Taekwondo, que se disputará en Cangas o 29 de abril.
O NEKA, ANFITRIÓN EN MONFORTE DO PROVINCIAL ESCOLAR
O pase para a proba autonómica decidiuse no Campionato
Provincial en idade escolar, que se celebrou na cidade do Cabe, e no que o club Neka actuou como anfitrión.
O ximnasio monfortino revalidou os bos resultados de convocatorias anteriores, ao clasificarse 21 dos 28 deportistas que competiron no provincial, fronte a preto de 100 taekwondistas chegados de cinco clubes da provincia.
DEPORTISTAS DO NEKA EN TODAS AS CATEGORÍAS DA PROBA AUTONÓMICA
Na categoría prebenxamín, estarán no Campionato Galego Allan David Bustamante, Yatlem Díaz e Aldara Carballude, mentres que na categoría benxamín competirán Aitor Teijeiro, Daniel Pérez, Lucía Roca, Leyre Rodríguez e Helena López. Pola súa banda, en alevín acudirán á cita de Cangas Marco García, Daniel Areán, Laura Álvarez, Carla Pardo, Karla Novo, Nerea Fernández e Sydney Rodríguez.
En categoría infantil, o Neka estará representado por Gael Trujillo, Iria de la Fuente e Ana López Vázquez. A participación dos deportistas no club monfortino completarase con Carlos Fernández, José Roca e Yasmín Rodríguez Escudero en categoría cadete.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Alba Varela Losada, do IES A Pinguela, terceira no provincial de Orientación

Seguinte Nova

Ata o 30 de abril para inscribirse nos 5 novos cursos do LugoWork

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: