A Xunta inicia a tramitación do primeiro observatorio dos ríos galegos

•Renovación do convenio entre Xunta e ADEGA para o Proxecto Ríos

A conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato, e a presidenta da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (ADEGA), Virxinia Rodríguez, logo da renovación do convenio, a finais do mes pasado. GPXG
A conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato, e a presidenta da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (ADEGA), Virxinia Rodríguez, logo da renovación do convenio, a finais do mes pasado. GPXG

• A finais do mes pasado, a conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato, anunciou que a Xunta está a iniciar os trámites para a creación do primeiro observatorio dos ríos galegos. Mato adiantou que neste organismo estarán representadas a administración, a sociedade civil e as institucións do ámbito académico. A conselleira fixo estas declaracións logo da sinatura de renovación do convenio coa presidenta da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (ADEGA), Virxinia Rodríguez, para o desenvolvemento do Proxecto Ríos. Mato invitou a esta entidade a sumarse ao observatorio dos ríos galegos.
O convenio entre ADEGA, o Instituto de Estudios do Territorio e Augas de Galicia ten un importe de 50.000 euros, e o seu obxectivo é dar a coñecer o papel fundamental dos ríos, e achegar á cidadanía práticas e comportamentos de mantemento e mellora dos ríos.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Música, deporte, gastronomía e concursos na XXXV Feira do Viño de Quiroga o 15 e 16 de abril

Seguinte Nova

Intenso programa para todos os públicos na XV Feira Medieval de Monforte o 15 e 16 de abril

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio

Don't Miss