Ampla axenda do running no sur de Lugo para o mes de abril

• A XIII Carreira Popular Feira do Viño de Quiroga será o venres 14 de abril • A cita co running en Monforte terá lugar o domingo 23 • Pecha o calendario de abril a carreira de Chantada, o domingo 30

Imaxe de arquivo da Carreira Popular Feira do Viño de Quiroga. A cita deste ano será o Venres Santo, 14 de abril, a partir das cinco da tarde. Arquivo EC
Imaxe de arquivo da Carreira Popular Feira do Viño de Quiroga. A cita deste ano será o Venres Santo, 14 de abril, a partir das cinco da tarde. Arquivo EC
• As carreiras populares serán un dos principais atractivos deportivos para todas as idades durante o mes de abril.
HORARIOS DAS PROBAS NA XIII CARREIRA POPULAR FEIRA DO VIÑO DE QUIROGA
Coincidindo coa celebración da XXXV Feira do Viño de Quiroga, a carreira popular do Venres Santo servirá para centrar a atención deste gran evento enolóxico da fin de semana de Pascua. A carreira de Quiroga, que cumple a súa décimo terceira edición, terá lugar pola tarde, comezando coa saída das categorías menores, a partir das catro e cuarto. Os corredores da categoría pitufo farán o percorrido inicial de 100 metros, para continuar coa saída conxunta, de prebenxamín e benxamín, ás catro e vinte, cun trazado de 500 metros. Ás catro e vintecinco partirán os corredores alevíns, nunha proba de 1.000 metros. As categorías menores rematarán coa saída, ás catro e media, dos participantes de infantil e cadete, cunha distancia de 2.000 metros. A proba absoluta, que dispón dun trazado de 9.000 metros, sairá ás cinco.
A inscrición nas categorías menores poderá realizarse o mesmo día da carreira, de 14,30 a 16,00 horas, diante do Concello, punto de saída e chegada do percorrido. Neste lugar realizarase a entrega de dorsais, dende as 14,30 e ata media hora antes do inicio de cada proba. As inscricións serán gratuítas para as categorías menores, e a proba absoluta ten un coste de 3 euros.
ATA O 20 DE ABRIL PARA INSCRIBIRSE NA CARREIRA DE MONFORTE
A seguinte cita co running no sur de Lugo será o domingo 23 de abril, coa celebración da IX Carreira Popular Cidade de Monforte, unha das probas máis concurridas da contorna. A comezos de abril, xa se tiñan inscrito preto de 500 persoas nas diferentes modalidades.
Como vén sendo habitual, a inscrición deberá realizarse a través da web www.championchipnorte.com, e o prazo estará aberto ata o 20 de abril. Para os colexios que desexen participar, a inscrición colectiva deberá realizarse ata o 14 de abril, a través da mesma plataforma on line. Pola súa banda, na Oficina Municipal de Deportes, situada nas Casiñas da Compañía, tamén se poderá tramitar a inscrición individual.
CAMISETA PARA TODOS EN MONFORTE
As diferentes modalidades da carreira disputaranse en horario de mañá, cun total de 14 categorías. Ás once comezarán as saídas das categorías menores, e a proba absoluta, cun trazado de 7.000 metros, partirá ás doce. Os tres primeiros clasificados en cada unha das 14 modalidades recibirá un trofeo conmemorativo, agás na modalidade mini, na que non haberá trofeos, xa que todos os participantes recibirán unha medalla e unha bolsa de lambetadas como agasallo. Ademais, todos os participantes que remate a carreira en cada unha das 14 modalidades recibirá unha camiseta conmemorativa e avituallamento sólido e líquido.
PRAZOS E PREMIOS DA VIII CARREIRA POPULAR DE CHANTADA
O domingo 30 de abril terá lugar a VIII Carreira Popular de Chantada- 10 KM no Corazón, organizada polo Club Atletismo Chantada e o Concello de Chantada. A saída da proba absoluta e a carreira adaptada será ás 10 da mañá, e as categorías menores comezarán ás 12.
Establécense sete categorías na carreira absoluta, e na adaptada será handbike e cadeira de atletismo. Nas categorías menores, haberá tres percorridos por idades, de 100, 500 e 2.500 metros, sendo os dous primeiros non competitivos. Os tres primeiros clasificados na carreira de 2.500 metros, correspondente ás idades infantil e cadete, recibirán trofeo. Todos os participantes nas categorías menores recibirán unha medalla conmemorativa e avituallamento ao remate de cada proba.
Todos os atletas das carreiras adaptadas recibirán un recoñecemento pola súa participación. Na carreira de 10 quilómetros, levarán trofeo os tres primeiros clasificados na proba absoluta e os tres primeiros locais, así como os tres primeiros de cada categoría. Entregarase un trofeo especial ao corredor de máis idade.
O prazo para inscribirse remata o 27 de abril ás 24,00 horas. As inscricións realizaranse na web www.championchipnorte.com.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

En marcha a temporada das Rutas Fluviais na Ribeira Sacra

Seguinte Nova

Colaboración da Xunta e a AECC para facilitar a estancia en Lugo de pacientes de cancro e acompañantes

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: