Ata o 30 de abril para inscribirse nos 5 novos cursos do LugoWork

O deputado de Relacións Institucionais presentou os novos cursos do LugoWork. GPDL
O deputado de Relacións Institucionais presentou os novos cursos do LugoWork. GPDL
• Ata finais do mes de abril, está aberto o prazo para participar nos 5 novos cursos que ofrece o LugoWork, o primeiro plan de emprego xuvenil participativo que se desenvolve na nosa provincia. Este programa, posto en marcha pola Deputación de Lugo, e cunha financiación de preto de 2 millóns de euros da Unión Europea, captados polo organismo provincial a través da Escola de Organización Industrial (EOI).
Os cursos do LugoWork inclúen unha fase de formación, que unha vez completada, dará opción aos beneficiarios de ser contratados durante 6 meses en empresas lucenses. A Deputación abrirá unha convocatoria pública para que as empresas interesadas poidan optar a unha axuda de 5.000 euros para a contratación de mozos que teñan superado con éxito a fase de formación, orientada ás necesidades do tecido empresarial.
TIC NA EMPRESAS E  DRONS
Os 5 novos cursos que ofrece a Deputación a través do LugoWork ofrecen 75 prazas de formación en varios sectores con demanda na provincia. Así, o curso de auxiliar de xestión informática e internet para PEMES, que se impartirá na sede de AGESTIC, en Lugo, repite na actual convocatoria, debido á gran demanda rexistrada tanto polas empresas como polos alumnos. O deputado de Relacións Institucionais, Álvaro Santos, destacou o carácter participativo deste plan, que permite detectar os nichos laborais con maior demanda. En Lugo tamén se desenvolverá o curso de aplicacións e manexo de sistemas aéreos non tripulados (drons), a cargo de profesionais do Aeroclub de Rozas.
2 CURSOS DE SOCORRISMO
Para responder ás necesidades reais do mercado de traballo, a Deputación de Lugo, a través do LugoWork, pon en marcha dous cursos de socorrismo en espazos acuáticos naturais e en instalacións acuáticas, impartidos pola Cruz Vermella. Segundo explicou Álvaro Santos, recentemente o presidente da Mancomunidade da Mariña e alcalde de Burela, Alfredo Llano, trasladoulle ao organismo provincial a “preocupación dos concellos da Costa pola escaseza de socorristas”. Santos matizou que esta preocupación “tamén se estende aos municipios do interior para o funcionamento das piscinas”. Santos criticou o “parche” que puxo a Xunta a este problema, facilitando que nos vindeiros 4 anos poidan exercer como socorristas persoas sen certificado de profesionalidade. “Pola contra, os 2 cursos do LugoWork garanten o necesario certificado de profesionalidade, sendo cursos gratuítos para o beneficiario que no mercado lle custarían 1.500 euros”.
Por último, a nova quenda de cursos do LugoWork complétase cun curso de emprendemento, para aqueles solicitantes que teñan unha idea de negocio ou queiran montar a súa propia empresa.
Os cursos do LugoWork van destinados a lucenses menores de 30 anos, que estean no paro, e inscritos no Rexistro de Garantía Xuvenil. A solicitude realizarse ata o 30 de abril, incluído, en www.deputacionlugo.gal ou www.eoi.es.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

21 deportistas do Neka disputarán o Campionato galego de técnica de taekwondo

Seguinte Nova

O Concello de Monforte realizará melloras na rede de saneamento

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: