Colaboración da Xunta e a AECC para facilitar a estancia en Lugo de pacientes de cancro e acompañantes

• Por este convenio coa Asociación Española Contra o Cancro, a Xunta pon a disposición dos pacientes oncolóxicos o uso do complexo residencial LUG II

• Ofrece prezos especiais de aloxamento e manutención para persoas procedentes da AECC

A presidenta da Asociación Española Contra o Cancro en Lugo, María Luz Abella, e o delegado da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, na sinatura do convenio o pasado 3 de abril. GPDTL
A presidenta da Asociación Española Contra o Cancro en Lugo, María Luz Abella, e o delegado da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, na sinatura do convenio o pasado 3 de abril. GPDTL

• A comezos de abril, tivo lugar a sinatura do convenio entre a Xunta de Galicia e a Asociación Española Contra o Cancro, pola que o organismo autonómico pon a disposición dos doentes de cancro e os seus acompañantes o uso das instalacións do complexo residencial LUG II, que depende da Consellería de Política Social.
Segundo o delegado da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, este convenio facilita que os enfermos oncolóxicos que veñen a Lugo a recibir tratamento poidan ter este centro de referencia para os servizos de aloxamento e manutención. Para as persoas procedentes da Asociación Española Contra o Cancro, o LUG II ofrecerá prezos especiais por estes servizos, de 8 euros o aloxamento e 5 euros a comida, entre outros. O LUG II está situado no centro da cidade, na rúa Pintor Corredoira, e próximo ao hospital.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Ampla axenda do running no sur de Lugo para o mes de abril

Seguinte Nova

O conselleiro de Sanidade presentou en Monforte ao novo xerente do Hospital

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: