Continúan as obras de mellora do pavimento nas rúas de Monforte

•O Concello vén de investir 138.771 euros nesta quenda de traballos, que inclúen nove actuacións para acondicionar o firme e aumentar a seguridade vial

O alcalde de Monforte e o concelleiro de Servizos supervisaron as obras de asfaltado na rúa San Pedro. GPCM
O alcalde de Monforte e o concelleiro de Servizos supervisaron as obras de asfaltado na rúa San Pedro. GPCM
• A comezos de abril, o Concello de Monforte retomou os traballos de mellora do pavimento nas rúas da cidade, cunha partida de 138.771 euros para custear un total de nove actuacións de pavimentado e de seguridade vial. O programa de asfaltado inclúe as rúas de San Pedro, o tramo inicial de Cobas, a rúa Rof Codina e María Paz de Tor, ademais da contorna da urbanización As Acacias e a rúa na que está situada a gardería. As melloras na seguridade vial supoñen a colocación de pasos elevados de peóns nas rúas Roberto Baamonde, Juan Montes e San Pedro.
Segundo explicou o alcalde, José Tomé, na rúa Cobas o Concello programou unha rexeneración do firme, e a instalación de dous redutores de velocidade con paso de cebra. Estas obras teñen un custo de preto de 26.800 euros.
Imaxe dos traballos de asfaltado da rúa María Paz de Tor, a comezos deste mes. GPCM
Imaxe dos traballos de asfaltado da rúa María Paz de Tor, a comezos deste mes. GPCM
ZONAS ESCOLARES
Na rúa María Paz de Tor, na contorna do colexio da Gándara, que xenera abundante tráfico de turismos e autobuses, o Concello de Monforte realizou traballos de mellora do firme para solucionar os “numerosos desniveis e fochancas que había”. O importe para os traballos na rúa María Paz de Tor ascende a 31.818,76 euros.
Pola súa banda, na rúa de San Pedro, o Concello decidiu ampliar o plan previsto, polo que a renovación do asfaltado ampliouse á totalidade da rúa. No mesmo vial, diante do IES Río Cabe, instalouse un paso elevando de peóns. Un elemento de seguridade vial similar vaise dispoñer na rúa Roberto Baamonde.•

•Julia Rodríguez pediu ao Concello que mellore o pavimento de Palleiros, en Marcelle

• A portavoz do Grupo Municipal do Partido Popular, Julia Rodríguez, pediu no Pleno de marzo que o Concello arranxe o pavimento do lugar de Palleiros, na parroquia monfortina de Marcelle, “que leva máis de 30 anos sen acondicionarse”.
ACTUACIÓN URXENTE
Nesta petición, formulada a través dun rogo ao alcalde, Rodríguez explicou que o camiño presenta un “pésimo estado, tanto que nalgúns tramos está terrizo”. A voceira popular precisou que na pista que dá acceso a este entorno “viven varias familias que teñen que sufrir as consecuencias do mal estado do firme”.
A voceira popular reclamou ao Goberno local unha actuación “urxente” neste punto.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Intenso programa para todos os públicos na XV Feira Medieval de Monforte o 15 e 16 de abril

Seguinte Nova

Aberto ata o 18 de abril o prazo para participar no programa Buxiganga

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

Ir aInicio

Don't Miss