Entregados os diplomas dos obradoiros de emprego que a Xunta desenvolveu no sur de Lugo

Foto de grupo dos participantes nos obradoiros de emprego da Xunta no sur de Lugo, acompañados polos alcaldes dos municipios correspondentes, o delegado da Xunta en Lugo, e o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, o pasado 4 de abril. GPCM
Foto de grupo dos participantes nos obradoiros de emprego da Xunta no sur de Lugo, acompañados polos alcaldes dos municipios correspondentes, o delegado da Xunta en Lugo, e o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, o pasado 4 de abril. GPCM

• O pasado 4 de abril, un total de 75 alumnos e alumnas dos obradoiros de emprego da Xunta de Galicia recibiron os diplomas correspondentes a estos programas formativos, nun acto celebrado en Monforte. O evento contou coa participación do conselleiro de Economía, Francisco Conde; o delegado da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro; e alcaldes e representantes dos municipios de Monforte de Lemos, Chantada, Carballedo, Folgoso do Courel, Ribas de Sil, Quiroga, O Saviñao, Pantón e Sober.
No acto, o conselleiro de Economía salientou que a formación específica que ofrecen estes obradoiros é «clave para favorecer o acceso a postos de traballo de calidade». Conde lembrou que estes programas da Xunta teñen unha inserción laboral de preto do 60%.
Nos obradoiros, os participantes recibiron formación específica e un contrato de traballo. Ademais, realizaron obras e servizos en cada municipio participante, o que redundou en beneficio da cidadanía. No obradoiro de Monforte, os alumnos traballaron na recuperación dun espazo degradado na zona de Cobas. O alcalde de Monforte, José Tomé, pediu á Xunta continuidade nestes obradoiros, para completar proxectos xa iniciados, mellorar a empregabilidade, e impulsar a economía dos concellos do interior de Galicia.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Oito concellos do sur recibirán axudas da Xunta á compra de materiais para as bibliotecas

Seguinte Nova

O volume de negocio da agricultura ecolóxica medrou un 25% en 2016

Últimas noticias sobre EMPREGO

     
A %d blogueros les gusta esto: