Música, deporte, gastronomía e concursos na XXXV Feira do Viño de Quiroga o 15 e 16 de abril

•A pregoeira desta edición será a actriz Eva Isanta, que dá vida á personaxe de Maite Figueroa na serie de TV “La que se avecina”

A rúa Real encherase, un ano máis, para celebrar a Feira do Viño de Quiroga, que acada a súa trixésimo quinta edición.  Arquivo EC
A rúa Real encherase, un ano máis, para celebrar a Feira do Viño de Quiroga, que acada a súa trixésimo quinta edición. Arquivo EC
• Os días 15 e 16 de abril, terá lugar a XXXV Feira do Viño de Quiroga, que ofrecerá a veciños e visitantes un variado programa de eventos, nunha cita enolóxica na que participan nove adegueiros.
SABORES E DEPORTE NA FEIRA DO VIÑO
A gastronomía foi a encargada de abrir boca na programación, xa que dende o día 6 está en marcha o VI Concurso Quiroga de Tapas, que rematará o venres 14. O deporte está representado polo tradicional Trofeo de Fútbol Sala “Feira do Viño de Quiroga”, que desenvolve a súa sexta edición do 10 ao 13 de abril. Outra das citas deportivas xa consolidadas é a XIII Carreira Popular Feira do Viño de Quiroga, a partir das cinco da tarde o venres 14 de abril.
MÚSICA E CONCURSOS O SÁBADO
Xa o sábado 15, inaugurará o recinto feiral Xosé Lois Foxo Rivas, director e fundador da Escola de Gaitas e da Banda de Gaitas da Deputación de Ourense, ás doce menos cuarto. Ás doce, comezará o Encontro Infantil do Certame Celtibérico de Bandas de Gaitas, con desfile dos grupos participantes pola rúa Real, e actuación na Praza de España.
Pola tarde, amenizarán o entorno da feira a Banda de Gaitas San Martiño, e o grupo de música tradicional Os Palletas.  A recepción das autoridades será ás seis e cuarto, no Museo Etnográfico, e ás seis e media o Auditorio Municipal acollerá as actuacións da Coral Polifónica de Quiroga, a Banda de Gaitas San Martiño, e os grupos de danza San Martiño e Arume da Queiruga. Ao remate, entregaranse os premios do XIII Certame Cartas de Amor Vila de Quiroga.
PREGÓN DE EVA ISANTA
Ás oito e media, terá lugar a lectura do pregón dende o palco da música, a cargo da actriz Eva Isanta, que representa o papel de Maite Figueroa na serie de televisión “La que se avecina”, nun acto presentado polo xornalista Xosé Manuel Orriols. A continuación, comezará a festa popular amenizada polo grupo Atenas, e ás nove e cuarto entregaranse os premios do VII Concurso de Camisetas.
TROFEOS O DOMINGO
O domingo, logo da recepción das autoridades no Concello, entregaranse os trofeos aos colleiteiros, á unha menos cuarto. Pola tarde, actuará a charanga Europa no recinto feiral. •

Máis de 450 gaiteiros participarán no Encontro Celtibérico de Quiroga

Imaxe de arquivo da primeira edición do Encontro Infantil e Certame Celtibérico de Bandas de Gaitas, celebrado en Quiroga o ano pasado. Arquivo EC
Imaxe de arquivo da primeira edición do Encontro Infantil e Certame Celtibérico de Bandas de Gaitas, celebrado en Quiroga o ano pasado. Arquivo EC

 

O alcalde de Quiroga, Julio Álvarez, na presentación en Lugo do Certame Celtibérico, xunto ao delegado da Xunta, José Manuel Balseiro, e o director da Escola de Gaitas da Deputación de Ourense, Xosé Lois Foxo. GPDTL
O alcalde de Quiroga, Julio Álvarez, na presentación en Lugo do Certame Celtibérico, xunto ao delegado da Xunta, José Manuel Balseiro, e o director da Escola de Gaitas da Deputación de Ourense, Xosé Lois Foxo. GPDTL
• Quiroga está a potenciar a música tradicional no programa de actos da Feira do Viño. O sábado 15 de abril, ás doce da mañá, terá lugar a segunda edición do Encontro Infantil e Certame Celtibérico de Bandas de Gaitas, organizado polo Concello de Quiroga en colaboración coa Secretaría Xeral de Cultura da Xunta de Galicia.
DIFUNDIR A MÚSICA ENTRE AS XERACIÓNS MÁIS NOVAS
Segundo explicaron os responsables desta iniciativa na presentación do evento, o pasado 31 de marzo, o Certame organízase en tres fases, nos concellos de Quiroga, Manzaneda e Ribadavia, facendo coincidir esta convocatoria coa celebración da Feira do Viño quiroguesa, a Feira do Viño do Ribeiro, e o tradicional Encontro de Bandas de Gaitas da Estación de Montaña de Manzaneda.
O encontro de Quiroga concentrará, na xornada inaugural da XXXV Feira do Viño, a 11 bandas de gaitas e máis de 450 gaiteiros. Segundo os organizadores, o obxectivo deste encontro é “difundir a música como forma de expresión cultural e artística, e tamén entre as xeracións máis novas”.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Turismo, benestar e servizos centraron a reunión entre Campos e Balseiro

Seguinte Nova

A Xunta inicia a tramitación do primeiro observatorio dos ríos galegos

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Ir aInicio

Don't Miss