O Concello de Monforte realizará melloras na rede de saneamento

O alcalde de Monforte e o concelleiro de Servizos explicaron as características das obras. GPCM
O alcalde de Monforte e o concelleiro de Servizos explicaron as características das obras. GPCM

• O alcalde de Monforte, José Tomé, anunciou este mes melloras na rede de saneamento e no funcionamento da depuradora de Piñeira. Os traballos desenvolveranse no tramo dereito das beirrarúas da rúa Calvo Sotelo, e na marxe esquerda da rúa Valle Inclán.
Segundo precisou o alcalde, as melloras suporán a renovación do colector actual, que carece de xuntas e isto permite a entrada de auga na rede. Tamén se renovará parte das acometidas, sen entrar nos edificios. Os traballos inclúen a realización de pozos de rexistro do colector e varios desaugues. O Concello está a tramitar os permisos á Confederación Hidrográfica, a Consellería de Infraestruturas e ADIF, antes de proceder a licitar a obra.
O importe é de 258.826 euros, con cargo ao orzamento de 2016, financiados con fondos propios e aportacións da Deputación a través do convenio asinado en xullo pasado.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Ata o 30 de abril para inscribirse nos 5 novos cursos do LugoWork

Seguinte Nova

Mellora da seguridade en viais do Camiño de Santiago

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

Ir aInicio

Don't Miss