O conselleiro de Sanidade presentou en Monforte ao novo xerente do Hospital

• O vigués Iván Sanz Falque forma parte da renovación que o Sergas está a realizar nas estruturas de xestión integrada

Á esquerda da imaxe, o novo xerente do Hospital de Monforte, Iván Sanz Falque, na súa presentación no centro monfortino, acompañado polo conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña. GPXG
Á esquerda da imaxe, o novo xerente do Hospital de Monforte, Iván Sanz Falque, na súa presentación no centro monfortino, acompañado polo conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña. GPXG
• O Hospital de Monforte conta dende este mes cun novo xerente. O 3 de abril, o vigués Iván Sanz Falque foi presentado aos profesionais do hospital monfortino polo conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña. Segundo explicaron dende a Consellería, o nomeamento de Sanz Falque inclúese no proceso de renovación que o Sergas está a realizar nas Estruturas Organizativas de Xestión Integrada, para adaptalas aos «novos retos» que deberá afrontar a sanidade pública galega nos vindeiros anos. Na mesma xornada, foi presentado en Santiago o novo xerente do hospital de Verín, Miguel Abad Vila.
MÉDICO ESPECIALISTA EN RADIODIAGNÓSTICO, CON FORMACIÓN EN XESTIÓN SANITARIA
O novo xerente executivo da área sanitaria de Monforte  naceu en Vigo en 1985, é licenciado en Medicina e Cirurxía pola Universidade Rovira i Virgili, e facultativo especialista en Radiodiagnóstico. Ademais, Sanz realizou un master en administración e dirección de servizos sanitarios impartido pola Fundación Gaspar Casal e a Universidade Pompeu Fabra.
RETOS DA XESTIÓN
Entre os retos que deberán afrontar os novos responsables das áreas integradas están, segundo precisaron dende Sanidade, a integración da Atención Primaria e a Atención Hospitalaria, a implantación dun novo sistema de Atención Primaria máis proactivo, resolutivo e próximo á cidadanía, a mellora continua nos centros hospitalarios, e a xestión dos pacientes crónicos e pluripatolóxicos.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Colaboración da Xunta e a AECC para facilitar a estancia en Lugo de pacientes de cancro e acompañantes

Seguinte Nova

Música bretona e poesía chantadina centraron a axenda cultural do Círculo Saviñao

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

Ir aInicio

Don't Miss