O volume de negocio da agricultura ecolóxica medrou un 25% en 2016

A conselleira de Medio Rural, acompañada polo presidente do CRAEGA, presentou o balance da agricultura ecolóxica en Galicia correspondente ao 2016. GPCMR
A conselleira de Medio Rural, acompañada polo presidente do CRAEGA, presentou o balance da agricultura ecolóxica en Galicia correspondente ao 2016. GPCMR

• A agricultura ecolóxica continúa a gañar peso na economía de Galicia, cun importante crecemento o ano pasado. A conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez, e o presidente do Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (CRAEGA), José Antonio Fernández, presentaron o balance de 2016. Os datos amosan que o volume de negocio medrou por riba do 25%, ata os 41,7 millóns de euros. Segundo o balance, a superficie total certificada polo CRAEGA aumentou ata as 27.000 hectáreas, preto dun 36,5% más que en 2015. Estas cifras supoñen, como explicou Vázquez, que os ingresos xerados pola agricultura ecolóxica se multiplicaron por 140 dende o ano 1999.
A conselleira anunciou que a Xunta seguirá apoiando ao sector, con axudas de 4,3 millóns de euros nos próximos anos, dentro do Plan de fixación da poboación no rural, para aumentar en 8.000 hectáreas a superficie adicada á agricultura ecolóxica.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Entregados os diplomas dos obradoiros de emprego que a Xunta desenvolveu no sur de Lugo

Seguinte Nova

En marcha a temporada das Rutas Fluviais na Ribeira Sacra

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

Ir aInicio

Don't Miss