A Xunta creará un premio á excelencia da calidade do leite nas granxas de vacún

•Trátase de recoñecer o labor dos produtores nas explotacións con altos estándares hixiénico- sanitarios e de benestar animal

A directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén do Campo, e o director xerente do LIGAL, Roberto Lorenzana, na reunión do 13 de abril. GPCM
• A Xunta de Galicia e o Laboratorio Interprofesional Galego de Análise do Leite (LIGAL) están a traballar na creación conxunta dun premio para recoñecer a excelencia na calidade do leite cru elaborado nas granxas de vacún instaladas en Galicia.
PREMIAR AOS PRODUTORES DE LEITE
Esta iniciativa anunciouse logo da reunión mantida, a mediados de abril, pola directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén do Campo, e o director xerente do LIGAL, Roberto Lorenzana. A responsable do departamento autonómico explicou que a finalidade deste premio será recoñecer a labor dos produtores de leite, igual que se recoñece a excelencia no ámbito da transformación en produtos como o viño, a mel ou os queixos de Galicia.
Dende a Xunta avanzaron que estes premios terán unha frecuencia anual, e medirán o grao de excelencia en parámetros hixiénico-sanitarios e de benestar animal. Ademais, estableceranse diversas categorías segundo os sistemas de produción nas granxas, para recoller as peculiaridades do sector leiteiro galego.
O LIGAL é un laboratorio xestionado por unha asociación privada sen ánimo de lucro na que están representados o sector industrial e produtor do leite. O LIGAL colabora coa Xunta en aspectos como a sanidade, a seguridade alimentaria ou o control leiteiro.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Impulso á produción de castaña de calidade no Courel

Seguinte Nova

A Xunta mellorou o camiño que une Folgoso e Pedrafita

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: